Cursos TIC

02 Feb 2024

O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, convocan a terceira edición do seu plan formativo, gratuíto e en liña, para promover o talento tecnolóxico e mellorar as competencias e habilidades, tecnolóxicas e transversais, de traballadores por conta allea, autónomos e desempregados.

Son máis de 100 cursos, que se desenvolverán entre febreiro e xuño de 2024, relacionados con diferentes áreas TIC: Intelixencia Artificial (IA), ciberseguridade, desenvolvemento de aplicacións, programación avanzada ou metodoloxías para a xestión de proxectos IT (siglas en inglés de Tecnoloxías da Información). Engadir que tamén haberá unidades formativas transversais, como cursos de Excel ou inglés.

As formacións impártense en dúas modalidades, a través de plataformas de teleformación e aulas virtuais en directo, con profesorado experto en cada unha das materias.
A finalidade destes cursos é incentivar a promoción profesional, reforzando as habilidades dos traballadores, e recualificar á poboación activa en sectores estratéxicos para dar resposta ás necesidades actuais do mercado e á demanda das empresas.

https://formacion.clusterticgalicia.com/