Iniciativas locais dirixidas á xuventude

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca, mediante a Orde do 28 de decembro de 2018, (DOG nº 23, do 1 de febreiro de 2019) o programa Iniciativas Locais dirixidas á xuventude.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia establece no seu artigo 1, que as políticas públicas dirixidas á xuventude terán como finalidade mellorar a calidade de vida da xente nova, especialmente a través do acceso á información en materia xuvenil e mediante a participación activa dos mozos e mozas no desenvolvemento sostible, económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co artigo 9 da citada Lei, a Xunta de Galicia fomentará o espírito emprendedor e potenciará entre a xuventude un sistema de actitudes e preocupacións do que formen parte a iniciativa propia, a responsabilidade, a planificación de obxectivos vitais, a perseveranza, o compromiso e a flexibilidade.

Tamén establece a Lei, no seu artigo 48, que as administracións públicas fomentarán a participación da mocidade no seu sentido máis amplo para así lexitimar e dotar de maior coherencia as políticas de mocidade, adaptándoas á realidade xuvenil de cada momento.

A Consellería de Política Social entende que, en cumprimento deste mandato legal e para lograr unha verdadeira participación da xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual, é fundamental impulsar actuacións e apoiar os proxectos que desenvolvan as entidades locais e que vaian dirixidos a facilitar a participación da xuventude en actividades de educación non formal, tendo en conta as competencias e aptitudes que se derivan desta, sobre todo de cara a mellorar a empregabilidade das persoas mozas galegas. Neste ámbito enmárcase esta orde de axudas dirixida a impulsar proxectos promovidos polas entidades locais no ámbito da educación non formal e que teñan como beneficiarias directas ás persoas mozas.

ENLACE A DOG

 

WEB                  PDF                  FOLLETO