Apoio á Creación: Produción

07 Mai 2024

A Fundación "la Caixa" convoca Apoio á Creación: Produción que é un programa bienal pretende ser un motor para artistas que necesitan apoio económico e profesional para producir unha obra de arte que teña continuidade.

Os proxectos presentados poden estar por realizar ou en marcha, en colaboración cun axente externo (museo, centro de arte ou outro tipo de institución artística sen ánimo de lucro) e que requira ser producido.

Os artistas, ademais de presentar a proposta e o calendario do proxecto, deberán elaborar un orzamento de produción e honorarios, así como acreditar o compromiso dun terceiro axente implicado na exposición e/ou difusión da obra producida e que garanta unha continuidade da mesma.

A produción das obras seleccionadas levarase a cabo durante os dous anos seguintes como máximo e contará cos recursos e o asesoramento do equipo de exposicións da Fundación "la Caixa".

Unha vez rematados os proxectos para os que se produciron, as obras pasarán a mans do comité de adquisicións da Fundación "la Caixa", que valorará a posible adquisición das mesmas para incorporalas á Colección de Arte Contemporánea.

A presentación de proxectos realizarase a través da aplicación Portal de convocatorias.

Requisitos
Poderán presentarse artistas e colectivos de artistas maiores de 18 anos, de nacionalidade española ou portuguesa ou con residencia en España ou Portugal.

O prazo de presentación de proxectos estrá aberto ata o 7 de xuño de 2024.

Máis información
https://fundacionlacaixa.org