Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos
CARTA DE PRESENTACIÓN
 
Normalmente, o curriculum vai acompañado dunha carta de presentación. Ésta é a encargada de suscitar o interese da persoa que vai recibir o curriculum. A súa función non é repetir o contido do curriculum, senon destacar os teus aspectos persoais máis relevantes. É convinte personalizala segundo a empresa e o posto de traballao ao que optes, e non debes esquecer de que é tan importante coma o teu curriculum.
 
Partes dunha carta de presentación:
 
1. Encabezado. Na marxe esquerda superior pon os teus datos persoais. Na marxe dereita superior o nome e datos sobre a empresa que oferte o emprego e debaixo a data.
2. Saúdo Inicial.
3. Primeiro Parágrafo. Menciona a fonte de información. Coida ó máximo a forma, se directo e escribe en primeira persoa. Nunha autocandidatura, demostrálles que coñeces a súa empresa.
4.Segundo Parágrafo. Xustifica porqué es idóneo para o posto. Amosa seguridade, pero non excesiva confianza. No caso da autocandidatura, aclara de que queres traballar e nomea os aspectos do teu curriculum e da túa personalidade relacionados co posto.
5. Terceiro Parágrafo. Deixa claro o teu interese polo posto de traballo e o desexo de obter unha entrevista ou resposta.
6. Despedida.Ten que ser correcta e sinxela.
 
Non esquezas...
 
Valora o positivo da túa personalidade e sinala as características significativas ou puntos fortes polos que te consideras beneficioso para a empresa.
Resalta aspectos ou calidades que se axusten o posto.
Diríxea a unha persoa concreta.
Non repitas información que xa está escrita no teu curriculum.
Personaliza a carta na medida do posible, debes evitar que se produza no lector a sensación de atoparse ante unha carta tipo fabricada en serie.

Normalmente, o curriculum vai acompañado dunha carta de presentación. Ésta é a encargada de suscitar o interese da persoa que vai recibir o curriculum. A súa función non é repetir o contido do curriculum, senon destacar os teus aspectos persoais máis relevantes. É convinte personalizala segundo a empresa e o posto de traballao ao que optes, e non debes esquecer de que é tan importante coma o teu curriculum.

Partes dunha carta de presentación:

1. Encabezado. Na marxe esquerda superior pon os teus datos persoais. Na marxe dereita superior o nome e datos sobre a empresa que oferte o emprego e debaixo a data.
2. Saúdo Inicial.
3. Primeiro Parágrafo. Menciona a fonte de información. Coida ó máximo a forma, se directo e escribe en primeira persoa. Nunha autocandidatura, demostrálles que coñeces a súa empresa.
4.Segundo Parágrafo. Xustifica porqué es idóneo para o posto. Amosa seguridade, pero non excesiva confianza. No caso da autocandidatura, aclara de que queres traballar e nomea os aspectos do teu curriculum e da túa personalidade relacionados co posto.
5. Terceiro Parágrafo. Deixa claro o teu interese polo posto de traballo e o desexo de obter unha entrevista ou resposta.
6. Despedida.Ten que ser correcta e sinxela.

Non esquezas...

Valora o positivo da túa personalidade e sinala as características significativas ou puntos fortes polos que te consideras beneficioso para a empresa.Resalta aspectos ou calidades que se axusten o posto.Diríxea a unha persoa concreta.Non repitas información que xa está escrita no teu curriculum. Personaliza a carta na medida do posible, debes evitar que se produza no lector a sensación de atoparse ante unha carta tipo fabricada en serie.