Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

Dirección e contacto


Lugar Senreiro S/N
32770 - San Xoán de Río (Ourense)

Teléfono albergue: 988 346 204 – 610 530 561
Teléfono Altega: 988 391 389 Fax: 988 245 826
Correo electrónico: albergue@biocos.net
www.osbiocos.com

 

Descripción do Albergue


O albergue dos Biocos está situado no Senreiro no concello de San Xoán de Río (Ourense), nas antigas instalacións de DECCA Navigator. Atópase a carón da primeira Paisaxe Natural Protexida de Galicia, na comarca das Terras de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo, a 1005 metros de altitude. A súa situación privilexiada fai que estea rodeado dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas.

Habitacións non divididas por sexo
Habitacións dobres ou triples en apartamentos con cociña e sala de estar con TV.
Liteiras en cuartos múltiples para grupos
Admítense mascotas
Conexión wifi gratuíta
Programa de actividades personalizado
Capacidade: 90 prazas
Prezo: 13,50 – 18,50€

Cómo chegar


- Desde Quiroga (14 km): estrada LU-5301 e antiga OU-705, en dirección a San Clodio e San Xoán de Río. No Km 7 da OU-705 unha pista á dereita levanos á entrada do albergue.
- Desde Castro Caldelas (19 km): estrada OU-536, dirección Trives. No alto de Cerdeira coller desvío á esquerda en dirección a Quiroga-San Xoán de Río (antiga OU-16/OU-0705). No Km 7 da OU-705 unha pista á esquerda levanos á entrada do albergue.
- Desde A Pobra de Trives (16 km): estrada OU-536, dirección a Ourense. Tras atravesar o río Navea coller desvío cara San Xoán de Río. No pobo, coller á dereita a estrada OU-705, no Km 7 unha pista á esquerda levanos á entrada do albergue.
- Desde O Barco de Valdeorras (50 km): estrada N-120 ata Quiroga.
- Desde Ourense (65 km): estrada OU-536, dirección a Trives. Seguir indicacións desde Castro Caldelas.

 

Horarios


Recepción: 24 horas
Comedor: con reserva previa*
Aberto: todo o ano con reserva previa*
*Só para grupos nos meses de inverno.

Actividades


Xeocaching: uso lúdico do GPS
Rutas de interpretación do patrimonio natural e cultural
Astronomía
Obradoiros de divulgación científica
Xogos de orientación e sendeirismo
Rutas en BTT
Tiro con arco
Xogos tradicionais
Obradoiros de enredos tradicionais
Obradoiros sobre arqueoloxía e historia
Teatro de sombras
Xogos de rol (didácticos ou lúdicos)
Grandes xogos (didácticos ou lúdicos)
Actividades personalizadas para grupos

Instalacións e servizos


Para o teu aloxamento:
Apartamentos con cuartos dobres, salón, baño e cociña compartida.
Apartamentos adaptados a persoas discapacitadas.
Habitacións con liteiras múltiples de distinta capacidade (de 6 a 20 prazas)

Para o teu entretemento:
Sala para actividades e xogos (Casa das amigos)
Laboratorio científico (Casa da Ciencia)
Observatorio astronómico (Casa das estrelas)
Observatorio medioambiental (Aula da natureza)

Servizos:
Servizo de hostalería propio (con reserva previa)
Acceso gratuíto a internet para todos os hóspedes
Calefacción
Aluguer de BTT e GPS
Servizo de lavandería
Servizo médico a tan só 3 kilómetros

Puntos de interese:
Minas romanas dos Biocos
Estación invernal de Manzaneda
Ribeira Sacra e Cañón do Sil
Fortaleza de Castrocaldelas: museo arqueolóxico e etnográfico
Ruta da Fraga de Mouruás
Ponte Bibei e Vía Nova: época romana
Castiñeiro de Pumbariños (Manzaneda)
Ruta dos Sequeiros (Penafolenche)
Centro de interpretación histórico-cultural Sta.Leonor (Trives)

Albergues Cercanos
Albergue Xuvenil As Corcerizas (Ourense- Vilar de Varrio)
Albergue Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)