Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

 

1. A Constitución


Para a constitución dunha asociación é preciso un mínimo de tres persoas: o presidente, o secretario e o tesoureiro. Pode haber máis cargos, como vocais, vicepresidentes, vicesecretarios. Estes deben reunirse e perfilar como queren que sexa a asociación, cal vai ser o seu eido de actuación e cal o seu público obxectivo. Dependendo destes factores a entidade tomará unha forma ou outra.

Os documentos básicos para comezar a funcionar son, por tanto: a acta constitucional e os estatutos.

 

1.1-Acta Constitucional (anexo 1)

Rexistra o lugar, a data e os presentes que se reúnen para fundar a asociación, con todos os seus datos persoais. Nesta acta deben constar os cargos elixidos para o goberno da asociación, que serán os abaixo asinantes.

 

1.2-Estatutos 

Os estatutos son as normas básicas que van regular o funcionamento da asociación. Quen pode pertencer, como se asociar, quen pode dirixila, como debe ser elixido, cales son os obxectivos, cal o tipo de actividade que se pretende promover... Tamén recolle o sistema de financiamento, o patrimonio inicial e o modo de modificación dos estatutos e disolución.

No caso de que a asociación que se vai rexistrar sexa de carácter xuvenil en calquera das modalidades que imos ver a continuación, e de acordo con estas, redactaremos os estatutos:

 O Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude regula no artigo 84 a inscrición no Censo de entidades xuvenís de acordo co tipo de asociación xuvenil de que se trata deberán elixir un modelo ou outro de estatutos.

 O censo establece dúas modalidades de entidades xuvenís:

No artigo 86 do devandito decreto  regúlase a inscrición das asociacións xuvenís:

 Para formar parte duna asociación xuvenil, deberá especificarse nos estatutos que os compoñentes da asociación teñen unha idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os trinta sen cumprir (Real Decreto 397/1988, de 22 de abril, polo cal se regula a inscrición rexistral de asociacións xuvenís).

Estatuto Anexo I

 Si pola contra hai compoñentes de idade igual ou superior a 30 anos, entón estaríamos a falar dunha entidade prestadora de servizos á xuventude, de acordo co artigo 87 do Decreto 50/2000.

Para poder censar unha asociación segundo este artigo é imprescindible que que cumpran dúas condicións na redacción dos seus estatutos:

  • que estatutariamente prevexan a existencia dunha rama ou sección xuvenil
  • e que entre os seus fins recollan a dedicación a actividades para mozos.

 

Ademais deberá especificarse nos estatutos a idade dos compoñentes desta sección xuvenil que incluirá aos membros que teñan  unha idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os trinta sen cumprir

Estatuto Anexo II

 

1.3-Inscripción no rexistro xeral. Taxas

Coa asociación constituída o seguinte paso é darse de alta no Rexistro Central de Asociacións, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A documentación presentada xunto coa solicitude (anexo 3) debe ser a orixinal xunto cunha copia. Ámbolos dous exemplaren deben levar as sinaturas nas marxes de todos aqueles membros que participaran na fundación da asociación para que sexan válidos. Tamén deberán estar pagadas as taxas de inscrición (anexo 4). O prazo de resolución é de tres meses.

 

1.4- Rexistro na Facenda e Consecución do CIF

Unha vez redactados os estatutos e asinada a acta de constitución o seguinte é obter o número do CIF dando de alta á asociación en Hacienda. Unha vez rexistrada na Axencia Tributaria o seguinte paso é abrir unha conta bancaria. De preferencia en caixas por non pedir xuros.

Documentación para obter o CIF:

-A copia dos Estatutos e a copia da Acta Fundacional que nos devolveu o Rexistro de Asociacións (debidamente selados).

-Levar o modelo 036 debidamente cuberto e asinado (anexo 5).

(Opcional: Pedir a EXENCIÓN DO IVE. Esto non é obrigatorio. A exención do pago do IVE pídese en base á Lei 37/1992 de 28 de decembro do IVA (artigo 2º).)

Con esto xa temos un CIF e a Asociación xa pode comezar a súa actividade.

 

1.5-Documentos internos: Actas, Modificacións, Contas...

Unha vez constituída e rexistrada a asociación, das sucesivas asembleas poden xurdir modificacións estatutarias (anexo 6).

Igualmente para o normal funcionamento da asociación será preciso levar ao día as resolucións das asembleas, as actas (anexo 7) así como a contabilidade.

 

2-Alén do Rexistro Xeral


Alén do Rexistro Central existen toda unha serie de rexistros e institucións nas que pódenos interesar estar inscritos.

2.1- Declaración de utilidade pública

Serve para disfrutar de exencións e beneficios fiscais, empregar a mención “declarada de utilidade pública” e da dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Débese presentar: solicitude de declaración de utilidade pública (na que debe constar: datos de identificación da entidade, CIF, natureza xurídica, número de inscrición no Rexistro, razóns da petición), memoria dos dous últimos anos e rendición de contas dos dous anos anteriores, asinada por todos os membros da directiva, certificado da Axencia Tributaria conforme se atopa ao corrente, certificación da Consellería de Facenda conforme a asociación está ao día, certificación do INSS conforme está ao día, copia consultada do alta no IAE e certificación do acordo do órgano da asociación polo que se solicita a declaración de utilidade pública (anexo 8).

 

2.2- Rexistros Autonómicos:

A súa función é rexistrar ás organizacións que poden e ten dereito a recibir as subvencións pertinentes aos seus propios programas de axuda, así cómo controlar as entidades prestadoras de determinados tipo de servizo (como as escolas de tempo libre).

 

2.2.1- Consellería de Traballo e Benestar:

 

2.2.1.1- Inclusión no censo de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (anexo 9)
2.2.1.2- Rexistro de Escolas de Tempo Libre (anexo 10)
2.2.1.3- Rexistro de Entidades prestadoras de Servizos Sociais

 

2.2.2- Consellería de Cultura e Turismo:

 

2.2.2.1- Rexistro de Entidades Deportivas

 

2.3- Inclusión no Rexistro Nacional

O Rexistro de Asociacións de Ámbito Nacional segue o mesmo procedemento que o Rexistro Central galego. Nome, estatutos e acta fundacional poden estar en galego. A solicitude débese presentar en castelán (anexo 11).

 

2.4- Programas Europeos:

 

2.4.1- Servizo de Voluntariado Europeo

No marco do programa A Xuventude en Acción da Comisión Europea, O SVE (ou EVS en inglés) é unha experiencia de educación non formal para voluntarios. O seu obxectivo e promover o voluntariado internacional, especialmente para reforzar a cohesión da UE. O SVE implica a dúas organizacións sen ánimo de lucro que envían e reciben voluntarios. Constitúe unha actividade non remunerada e a tempo completo durante un período de tempo en beneficio da comunidade.

Calquera organización que desexe enviar ou recibir voluntarios europeos debe remitir á Axencia Nacional (INJUVE), a través da Dirección Xeral de Xuventude unha “manifestación de interese” (anexo 12). Unha vez acreditada pola Axencia Nacional é incluída na base de datos da Comisión Europea, con acceso libre a través de Internet.

Despois presentarase na Axencia Nacional o formulario de Acción 2.1 (anexo 13) en convocatorias fixas: 1 febreiro, 1 maio, 1 de setembro e 1 de novembro. Estes proxectos serán supervisados pola DXXV.

 

2.4.2- Certificados de Youthpass

YOUTHPASS é o resultado dunha iniciativa europea para o recoñecemento da educación non formal. Trátase dun certificado expedido ao finalizar cada proxecto do programa a Xuventude en Acción a cada un dos participantes.

Pode elaboralos un mesmo so introducindo os datos do proxecto na páxina.

 

3.Federación e Consellos


As federacións establécense como medio de defensa e promoción de asociacións dunha mesma área xeográfica ou sector de traballo. É unha alianza en defensa duns obxectivos comúns. A asociación de varias federacións constitúe unha confederación.

Os consellos, por súa vez, son foros de debate e discusión onde se congregan as asociacións. Normalmente están vencellados a algún un organismo público e dotados de orzamento propio, cos seus propios programas. O Consello máis importante de Galicia é o Consello da Xuventude de Galicia.

 

3.1- Como e para qué federarse

Para federarse só se debe seguir o mesmo procedemento que ó rexistrar a asociación. Só que en vez de ser tres persoas as que se reúnen para crear unha asociación, son tres asociacións, como mínimo, as que se reúnen para crear unha federación.

A información dos federados fica recollida na acta de constitución, así como a nova directiva “federal”: un presidente, un secretario e un tesoureiro. Os estatutos, como nas asociacións, son a norma que regula o funcionamento e os obxectivos da federación.

Deben inscribirse no Rexistro Xeral, podendo tamén incluírse no Rexistro Nacional.

 

3.1.1- Acta de Constitución (anexo 14)

 

3.1.2- Estatutos (anexo 15)

 

Ligazóns de interese


GALICIA:

Formularios en castelán

Documentación asociacións en galego (Secretaría xeral)

Censo entidades xuvenís

Rexistros Xunta



ESPAÑA:

INJUVE

Inscripción Registro Nacional de Asociaciones

Axencia Tributaria, modelo36



UE:

Formularios e guías Xuventude en Acción:

Organizaciones SVE



DIARIOS OFICIAIS:

BOE

DOGA

BOP- A CORUÑA

BOP- LUGO

BOP- OURENSE

BOP- PONTEVEDRA

DOUE



REXISTROS

Rexistro voluntariado

Rexistro de entidades deportivas

Rexistro escolas de tempo libre

Rexistro de asociacións

Censo entidades xuvenís

Outros rexistros

Rexistro entidades prestadoras de servizos sociais