Bolsas para Estudos Postdoutorais no Estranxeiro en Ciencias da Vida e da Materia

11 Mar 2024

A Fundación Ramón Areces concoca a XXXVI Edición da Bolsas para Ampliación de Estudos no Estranxeiro en Ciencias da Vida e da Materia para a realización de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2024/2025 sobre temas relacionados coas Ciencias da Vida e da Materia. A convocatoria do presente ano está orientada cara aos campos de: Biomedicina, Química, Física e Matemáticas e Preservación da Biosfera.

Estas bolsas teñen unha duración dun ano, prorrogable por un segundo ano previo informe do Consello Científico da Fundación. O goce da Bolsa terá lugar entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025. A Fundación farase cargo dos gastos da viaxe en avión de ida e volta en clase turista, ou do equivalente por outro medio, desde o lugar de residencia habitual do titular da Bolsa ata o centro de estudos no estranxeiro, segundo o traxecto e condicións propostas pola axencia de viaxes concertada pola Fundación Ramón Areces.

Requisitos
-Nacionalidade española.
-Acharse en posesión do título de doutor por unha universidade española ou estranxeira, no momento da presentación da solicitude. Nesta convocatoria darase preferencia aos candidatos que obtivesen o grao de doutor entre 2020 e 2024.  Entenderase como data de obtención do título de doutor/a, a data do acto de defensa da tese doutoral.
-Dispoñer dun documento de aceptación/proposta de recepción/incorporación dunha universidade ou centro de investigación estranxeiro para o curso 2024-2025.
-Coñecemento excelente do inglés ou do idioma do país de destino.
-Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito, ou calquera outra asignación de similar natureza durante o goce da Bolsa.

Dotación
As Bolsas están dotadas con 2.800 € netos mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 8 de abril ao 6 de maio de 2024.
 
Máis información
https://www.fundacionareces.es
becas-ciencias@fundacionareces.es