20 Bolsas de Prácticas remuneradas para Estudantes de Máster IMDEA Enerxía 2023

26 Dec 2022

O Instituto IMDEA Enerxía propón un programa de prácticas remuneradas de investigación para estudantes de máster altamente motivados para iniciarse na investigación e aprender dun equipo multidisciplinar de investigadores de renome internacional. O propósito desta convocatoria é achegar a investigación aos estudantes para que poidan decidir a súa orientación profesional e a posibilidade de desenvolver unha carreira científica.

A data límite de presentación de candidaturas está aberta ata o 13 Xaneiro de 2023. As solicitudes acéptanse exclusivamente a través do correo electrónico indicado na respectiva liña de investigación. Cada candidato só pode presentar unha solicitude ao programa.

A solicitude debe incluír
Currículo
Acreditación de estar matriculado nun Máster oficial
Expediente académico da titulación
Carta de motivación

Criterios de adxudicación
Expediente académico
Motivación
Coñecementos de inglés
Outros méritos

Requisitos
Ser estudante de Máster Universitario (título de Máster Oficial).
Estar en posesión da Titulación de Grao oficial requirida para cada posto.
Ter permiso de residencia en España durante a duración das prácticas.

Dotación
As prácticas teñen unha duración máxima de 350 horas.
Axuda económica de ata 2.000 € (en función das horas realizadas).

 

Páxina web | Prazas ofertadas