Cursos para a mocidade na Cámara da Coruña

10 Xan 2024

A Cámara de comercio da Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral, que informa que os cursos foron elaborados “para responder ás necesidades reais das empresas”.

- curso de Excel e Power BI (de principiante a avanzado) do 22 de xaneiro ao 22 de marzo
- curso de MOS (Microsoft Office Specialist), do 29 de xaneiro ao 12 de abril
- curso de Deseño e desenvolvemento de videoxogos (do 29 de xaneiro ao 9 de abril)
- curso Visual Merchandising (do 19 de febreiro ao 25 de abril)
- curso Xestión de redes sociais, Canva e creación de fotos para redes (do 21 de febreiro ao 30 de abril)
- curso Deseño 3D do 10 de abril ao 13 de xuño
- curso de Excel e Power BI, 2ª quenda (de principiante a avanzado) entre o 24 de abril e o 27 de xuño.
- curso de Panadería e repostería
- curso de Maquillaxe profesional
- curso de Persoal de apoio para xestoría
- curso de Composición floral: técnicas e elementos principais
- curso de Axente dinamizador do feito xacobeo (guía turístico)
- curso de Visual merchandising, escaparatismo e atenión ao cliente e xestión comercial
- curso de Auxiliar de reposición e ventas en grande superficie
- curso de Cociña
- curso de Xeadería e repostería

https://www.camaracoruna.com/es/pag/cursos-pice-programa-de-garantia-juvenil-para-menores-de-30-anos/