Concurso Internacional de Deseño

03 Mai 2024

A Fundación James Dyson convoca o Premio James Dyson 2024. O James Dyson Award é un concurso de deseño internacional que anima, impulsa e inspira á seguinte xeración de enxeñeiros de deseño.

Búscanse deseños que empreguen principios sinxelos de enxeñería intelixentes e que aborden problemas claros. Ademais de demostrar a viabilidade técnica do proxecto, tamén se busca a viabilidade comercial polo que se pode engadir calquera investigación que se fixese sobre custos de fabricación ou prezos de venda ao público. James Dyson tamén buscará candidaturas que aborden un tema de sustentabilidade ou que fosen deseñadas, obtidas ou fabricadas de forma sostible.

Requisitos
Estudantes universitarios de enxeñería, deseño de produto e deseño industrial, e aqueles que se graduaran nalgunha destas materias no últimos catro anos.

Dotación
Gañadores nacionais: 5.800 €
Finalistas internacionais: 5.800 €
Gañador Premio á Sustentabilidade: 35.000 €
Gañador internacional: 35.000 €

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xullo de 2024.

Máis información
https://www.jamesdysonaward.org