II Concurso de fotografía. Obxectivo Sierra Nevada 2024

06 Mai 2024

A Universidade de Granada convoca a segunda edición do Concurso de Fotografía Obxectivo Sierra Nevada.

O obxectivo deste concurso é o de fomentar o respecto á natureza, e dar a coñecer a beleza e singularidade da vida e as paisaxes de Sierra Nevada.

Buscamos imaxes que evoquen a esencia dunhas montañas únicas na que centos de animais e plantas teñen o seu único espazo de vida no planeta.

Para participar, os participantes deberán rexistrarse na páxina web do concurso, indicando o seu nome, dirección de correo electrónico e teléfono.

Repartiranse premios para cada unha das seguintes categorías:
-Paisaxe.
-Lagoas.
-Cursos fluviais.
-Fauna.
-Flora.
-Usos tradicionais.
-Actividades deportivas de montaña.
-Fotografía histórica.
-Fotografía con dispositivo movil (Smartphone, Tablet e cámaras deportivas).
-Vídeo con dispositivo móbil (Smartphone, Tablet e cámaras deportivas).

Prazo de presentación: do 16 de abril ao 31 de maio de 2024.

O fallo do xurado terá lugar antes do día 30 de xuño de 2024, e a súa entrega terá lugar nun acto público antes da finalización de 2024.

Requisitos:
O concurso está aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados de todo o mundo, así como a persoas que dispoñan de imaxes históricas de Sierra Nevada e a súa participación é gratuíta.

Dotación:
-Primeiro premio: 1000 € e diploma.
-Segundo premio: 300 € e diploma.
-Premio por categoría en formato fotografa: 100 € por categoría e diploma.
-Premio “ao maior número de contribucións” na Categoría de Fotografía Histórica: 200 € e diploma.
-Premio na Categoría “Vídeo dispositivo móbil”: 200 € e diploma.
-O primeiro e segundo premio elixiranse entres as 9 primeiras categorías non podendo recaer na mesma categoría e o seu importe quedará suxeito ás retencións fiscais establecidas pola lexislación vixente.

Máis información:
Bases da convocatoria
Obxectivo Sierra Nevada 2024