Novas e actividades (1309)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia gratuitos de diferentes temáticas relacionadas coas TIC (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social), e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT.

Os cursos, dunhas 4-10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar obrigatoriamente de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

Control parental
Seguridade informática
Uso do libro electrónico
Uso da tableta
Uso da cámara dixital
Uso dos dispositivos electrónicos
O correcto aproveitamento dos smartphone
Cloud computing
Comercio electrónico
Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
Vendas no muro
Posicionamiento social
Creación de blogs
Redes sociais
Administración Electrónica
Trámites económicos na Internet
Factura electrónica
Tramitación electrónica e xestión de documentación
Seguridade en compras virtuais
Innovación social

Máis información: Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Teléfono: 981 957 136
oficinacemit@xunta.es
https://cemit.xunta.gal/

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por quinto ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 120 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra)

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante os 11 días que dura o programa.

“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña aos maiores que alí se atopen.

As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado .

Con respecto ao desprazamento este correrá por conta propia de cada un dos voluntarios.

Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expediralles un certificado acreditativo onde conste a labor realizada e as tarefas desenvolvidas polo voluntario/a, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que se detalla ao final.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de novembro
 
Formulario

Final da especialidade de Música de Xuventude Crea 2016

Día:18 de novembro de 2016.
Hora:12:00 noite
Lugar:Discoteca Factory Room. Rúa Melide di Lugano s/n. Melide
Entrada libre ata completar aforo

Finalistas:
Oîma, cos temas círculo da preguiza e maraca
Lucía da Fonte, cos temas erradía e O absurdo
Fripp and Kitte, cos temas cinza e so they say
Dioivo, cos temas cegos e nunca máis
Skyfly, cos temas sailors e decembro
Luga, cos temas calle soledad e reencontros

O 23 de novembro de 2016 ás 12:30 inaugúrase a exposición das obras finalistas das especialidades de Artes plásticas e fotografía do certameXuventude Crea 2016.

Datas:do 23 de novembro ao 22 de decembro de 2016.
Horario:de luns a sábado de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:30 h
Lugar:Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Praza da Universidade.

A final da especialidade de cociña, do programaXuventude Crea 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terá lugar o vindeiro14 de novembrono albergue xuvenil As Sinas (Praia das Sinas, Vilanova de Arousa-Pontevedra).

O horario é de 17:00 h a 19:00 h.

A actividade estará aberta ao público.

 

FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE COCIÑA

PSEUDÓNIMO             NOME RECEITA

Mako                          Tenreira primaveral

Morena                       Rollitos de pasta de filo

Maillard                       Meixelas de porco ó tinto con fundido de tetilla e mazá e flores de pataca

Yag                             Pescada en salsa de albariño

Gafapastafolclórico       Souto de mar

A final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terá lugar o día22 de novembroás 17:30 h no Edificio Museo Centro Gaiás, andar 0, da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), coincidindo coa inauguración da exposición das coleccións finalistas.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 4 de decembro de 2016.

FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE MODA

PSEUDÓNIMO         NOME DA COLECCIÓN

Varud                         “From them”

kasimir                        “Malévich”

Cenicienta                   “Nº 1”

Sr. Rilke                      “Mr. Laurids”

Margoc                       “Soulful”

Lisca                           “Renewal”

A final da especialidade de graffiti do programaXuventude Crea 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terá lugar o vindeiro12 de novembronas pistas polideportivas cubertas, na Avda. Carregal de Betanzos.

Horario: de 10:30 h a 17:30 h

A actividade estará aberta ao público.


FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE GRAFFITI

PSEUDÓNIMO       NOME DA OBRA

Nada                         A miña Ofelia

Honey                       Flaying vandal

D. Mayio                   Volver

Olog y Mole               Polbo á feira

Bast                          La rana gallega croa/A ra galega croa

Silco                          Deshumanización

Nove No3L                 Novembro

Bublegum                  Instinto animal

Dúas monas               Planeta macaco

O Ministerio de Educación ven de crear oteléfono contra o acoso escolar:900 018 018

Os destinatarios do servizo son osalumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoaque teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.

Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.

900 018 018