2016femxaaaO Grupo Femxa convoca cursos presenciais e gratuitos en Vigo:

Cursos TIC para Menores de 30 anos con estudos mínimos de Bacharelato ou Equivalente (Dobre Titulación: Título Oficial + Certificación Oracle):

Administración Servidor de Aplicacións Oracle Weblogic + Administración de Servizos da internet
Horas: 590 horas + 150 horas
Datas e Horarios: Do 02 de Maio ao 11 de Novembro, de luns a venres de 08:00 a 15:00

Desenvolvemento de Aplicacións Web con PHP e MYSQL +Confección e Publicación de Páxinas Web
Horas: 560 horas + 80 Horas
Datas e Horarios: De Maio a Setembro. Horario de mañá

Desenvolvemento de Aplicacións Web sobre Oracle Database + Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web
Horas: 590 horas + 160 horas
Datas e Horarios: Do 11 de Maio ao 09 de Decembro, de Luns a Venres de 15:15 a 22:00

Desenvolvemento de Aplicacións Empresariais Xava J2EE 7 Oracle + Operación de Redes Departamentais
Horas: 530 horas + 150 horas
Datas e Horarios: Do 02 de Maio ao 10 de Novembro en horario de luns a xoves de 08:00 a 15:00

Administración Servidor de Aplicacións Oracle Weblogic + Seguridade Informática
Horas: 500 horas + 150 horas

Curso Administración para inscritos en Garantía Xuvenil, con estudos mínimos de ESO ou Equivalente (Título Oficial + Prácticas+ compromiso de inserción laboral para o 30%):

Curso Actividades Administrativas na Relación co Cliente
Horas: 800 Horas

Máis información:
Teléfono: 900 100 953
www.grupofemxa.com

Music1A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17.
Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 6 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e enhttp://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all

teatro 22A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.

Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ata o día 14 de xuño.
A relación de persoas admitidas será exposta no taboleiro de anuncios da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia o día 15 de xuño así como enwww.edu.xunta.es
As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 11 de xullo enhttp://www.edu.xunta.es
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e enhttp://www.esadgalicia.com

deseoooEducación convoca a proba de acceso, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2016/17, así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016

Inscrición nas probas:
A inscrición realizarse na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 30 de maio:

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de xuño no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariahttp://www.edu.xunta.es/

A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Unha vez concluída a proba, o tribunal publicará a listaxe provisional de persoas que superaron e non superaron a proba, o día 8 de xuño.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016
Escolas de Arte e Superiores de Deseño:http://www.edu.xunta.es/web/node/1604
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia:http://www.esadgalicia.com
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia:http://gradoconservacionbbcc.es/

  • José Manuel Rey Varela, acudiu ás finais e felicitou a todos os participantes polo traballo realizado
  • A competición baseouse na defensa dun posicionamento sobre un tema proposto pola organización co obxectivo de fomentar o diálogo entre a mocidade como ferramenta para argumentar as ideas propias
  • O tema debatido na final foi “O machismo adolescente segue presente na nosa cultura?”

20160416 125704bO equipo do IES de Becerreá 1, na categoría de Bacharelato, e o IES Becerreá, na modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria, resultaron hoxe os gañadores da sétima edición de Parlamento Xove, competición de debate que organiza a Consellería de Política Social co obxectivo de fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez e pola vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Marta Rodríguez Arias, presidiu no Parlamento de Galicia a final desta competición de debate na que nesta sétima edición participaron un total de 47 equipos de 39 centros educativos de toda Galicia. Á fase final chegaron 16 equipos de 12 centros educativos, cun total de 235 participantes (188 mozos e mozas e 47 profesores/as).

Os equipos gañadores recibiron como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros, na modalidade de Bacharelato, e 3.000 euros na categoría de ESO. Os subcampións foron os equipos IES de Becerreá 2, en Bacharelato, e CPR Plurilingüe Sagrada Familia de Vilagarcía en ESO. Recibiron como premio un disco duro para cada un dos membros que compoñen o equipo.

Na categoría de 3º e 4º de ESO, os oito equipos que chegaron a esta fase final foron con dous equipos o CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía) e cun equipo o Colexio Maristas “A Inmaculada” (Lugo), o Colexio La Salle (Santiago), o IES Monte Castelo (Burela), o IES A Pinguela (Monforte), o IES de Becerreá e o CPR Nosa Señora de Lourdes (A Estrada).

Na categoría de 1º e 2º de Bacharelato, participaron nesta fase final con dous equipos o IES de Becerreá e cun equipo o IES Eduardo Pondal (Santiago), o Colexio La Salle (Santiago), o CPR Plurinlingüe Colexio Esclavas (A Coruña), o IES Antón Fraguas (Santiago), o Colexio Internacional Sek Atlántico (Poio) e o IES de Rodeira (Cangas).

O tema dos encontros dialécticos nesta fase final foi “O machismo adolescente segue presente na nosa cultura?”

Así mesmo, o premio ao mellor dossier de investigación foi para o IES David Buján de Cambre, na categoría de Bacharelato, e o Colexio Maristas “A Inmaculada” de Lugo, en ESO. Recibiron como premio un mp3 para cada un dos membros dos equipos. O tema deste dossier foi o da fase clasificatoria: “Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozos e mozas?”. E os catro mellores oradores –dous en cada categoría- recibiron como premio un diploma e un mp3.

José Manuel Rey Varela felicitou a todos os premiados e premiadas, así como a todos os participantes nesta sétima edición. “Resulta moi gratificante comprobar que a nosa xuventude se compromete con proxectos que axudan ao desenvolvemento das súas competencias e habilidades sociais e académicas”, asegurou o conselleiro. Ademais, o titular da carteira autonómica destacou que “esta competición axuda a aumentar a capacidade de respecto sobre a opinión que teñan outras persoas e fomenta o traballo en equipo”.

Parlamento Xove é unha competición de debate na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado punto de vista acerca dun tema proposto pola organización. Os participantes de cada equipo –formado por catro alumnos/as e un profesor/a- investigan, escriben e debaten sobre o tema proposto, incluíndose tamén a realización dun dossier de investigación. Nos seus sete anos de vixencia son 1.122 os participantes nesta iniciativa.

A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra”, en relación á cuestión formulada. Os equipos levaron a cabo unha labor de investigación previa e agora contrapoñen e discuten datos e ideas.

Trátase de debates de carácter argumentativo; espazos de comunicación que permiten a discusión sobre o tema proposto e gañarán non os equipos que necesariamente teñan a razón, senón os que mellor sustenten as súas ideas. Durante o transcurso destes debates dialécticos, os mozos e mozas desenvolven valores como a capacidade de respectar a opinión dos demais, a colaboración cos compañeiros para elaborar as conclusións e fomentan a toma de conciencia no comportamento democrático.

Os obxectivos principais destes debates son: dar a coñecer e defender a postura sobre o tema proposto; dar elementos de xuízo claros na exposición; exercitar a expresión oral, a capacidade de escoitar e a participación activa e defender as opinións con xustificación.

Parlamento Xove, como actividade na que participa o alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas como a competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita e comprensión oral e escrita); a competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; a competencia social e cidadá que contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; a competencia cultural e artística dado que nos debates se esixe o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e a competencia para aprender e iniciativa persoal.