|
|
Certame galego de Creadores Novos 2010A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. ¡¡¡!!! Consulta ao fondo da páxina o listado de premiados da edición 2010. Irémola actualizando a medida que se fallen os premios A quen vai dirixido?Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Histórico de PremiosCertame 2006Certame 2007Certame 2008Certame 2009Certame 2010 (novo) |


Xuventude Crea













