Xuntos e Voluntarios no Nadal 2016

11 Nov 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por quinto ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 120 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra)

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante os 11 días que dura o programa.

“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña aos maiores que alí se atopen.

As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado .

Con respecto ao desprazamento este correrá por conta propia de cada un dos voluntarios.

Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expediralles un certificado acreditativo onde conste a labor realizada e as tarefas desenvolvidas polo voluntario/a, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que se detalla ao final.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de novembro
 
Formulario