Foro Preparatorio do Interactuando no Tempo Libre

01 Nov 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar nesteforo preparatorio, que ten os seguintes obxectivos:

  • Dar continuidade ás xornadasINTERACTUANDO NO TEMPO LIBREque tiveron lugar en Gandarío no pasado mes de maio.
  • Traballar por asegurar a estabilidade doINTERACTUANDO NO TEMPO LIBREcomo espazo de referencia e encontro entre a diversidade de axentes activos no sector da educación no tempo libre e de xuventude en Galicia.
  • Explorar temáticas, desafíos e dilemas na educación no tempo libre en Galicia hoxe, desenvolvendo propostas construtivas compartidas.
  • Explorar modelos de co-organización participativos.
  • Identificar necesidades estratréxicas do sector e poñer as bases para unha transformación positiva.

PROGRAMA PROVISORIO:

  • 10.30      ACOLLIDA. Inscrición, entrega de documentación, loxística e asinaturas. Benvida con enerxía.
  • 11:30      APERTURA. Presentación dos obxectivos do foro, contextualización e presentación da dinámica do día.
  • 12:00      ACTIVIDADE DA MAÑÁ - REFLEXIÓNS. Dinámicas en plenario e pequenos grupos para poñer en común perspectivas, ideas e identificación de necesidades no sector.
  • 14:00      XANTAR. De balde para todos os participantes na propia EGAP.
  • 15:00      ACTIVIDADE DA TARDE - GRUPOS DE TRABALLO. Froito das reflexións matutinas, grupos de traballo para desenvolver propostas factibles, quer inmediatas, quer estratéxicas e a longo prazo.
  • 17:00      CAFÉ. De balde para todos os participantes na propia EGAP.
  • 17:30      CONCLUSIÓNS - COMPROMISOS. Presentación no plenario das conclusións e propostas construtivas.

DATA:Sábado,19 de novembro

LUGAR:EGAP(Escola Galega de Administración Pública), Santiago de Compostela

PRAZAS: máximo100 persoas

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: premeaqui