Bolsas Iberdrola – Museo de Belas Artes de Bilbao

08 Mai 2024

A Fundación Iberdrola e a Fundación Museo de Belas Artes de Bilbao convocan 2 bolsas de formación no Departamento de Conservación e a Restauración do museo. O programa comezará o 1 de setembro de 2024 e terá unha duración de dez meses. A bolsa poderá ser prorrogada unha única vez por un período igual ao inicial.

As persoas beneficiarias das bolsas desenvolverán as seguintes actividades:
-Tratamentos de conservación e restauración da colección do museo.
-Documentación dos traballos efectuados.
-Participación nos traballos relativos aos préstamos e a organización de exposicións temporais.
-Traballos de investigación técnica.

Requisitos
-Licenciatura ou grao en Belas Artes con especialidade en conservación e restauración de bens culturais, como pintura, papel e escultura, ou licenciatura ou grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente.
-Finalizar os estudos conducentes á obtención do título universitario esixido a partir do curso 2017-2018 (incluído).
-Expediente académico cunha nota media igual ou superior a notable.
-Coñecementos avanzados de fotografía e tratamento dixital de imaxes.
-Idiomas: inglés. Valoraranse coñecementos noutros idiomas.

Dotación
1.500 €/mes

O prazo de recepción de solicitudes estará aberto ata o 19 de maio de 2024.

Máis información
https://bilbaomuseoa.eus
Inscrición