"Tornado" de Julio César García Somoza. Obra Gañadora 2021. "Tornado" de Julio César García Somoza. Obra Gañadora 2021.

XII Concurso de Pintura Ernesto Goday

08 Mai 2024

O Concello do Grove convoca o XII Concurso de Pintura Ernesto Goday.

Poderá participar calquera persoa física maior de idade que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor só poderá presentar unha obra.
As obras participantes deberán ter unhas dimensións mínimas de 60 x 50 cm e máximas de 150 x 150 cm.
A técnica e o estilo son libres e o tema abarcará todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes
O premio para a gañadora ou gañador do concurso é de 3.000 €

A inscrición no concurso pode facere no enderezo de correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es ou no enderezo postal:
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.

Máis información no BOP do 8 de maio de 2024 e na OMIX do Grove, teléfono 986 730 975.