Arranca a segunda edición do Día da Xuventude

22 Abr 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha unha nova edición do programa ‘Día da Xuventude’, que achegará á mocidade diversas actividades formativas e de ocio saudable e alternativo por un total de 30 concellos de toda Galicia.

Tras o éxito de 2023, no que participaron máis de 4.300 mozos e mozas neste programa, apóstase de novo por ofrecer unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, arrancará a fin de semana do 26 e 27 de abril e rematará na primeira semana de xullo.

As actividades son diversas e buscan a participación activa da mocidade de cada concello.

Deste xeito ofreceranse obradoiros de:

  • Gastronomía saudable
  • Habilidades para a empregabilidade
  • Sensibilización medioambiental
  • Igualdade de xénero
  • Arte urbana
  • Actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box.
  • E actuación actuación musical dalgún artista local ao finalizar a xornada.

As datas que xa están confirmadas son as seguintes:

Abril

RIBADAVIA: venres, 26 de abril, de 16 a 21 horas, na Picuxa. Actuacións de Abelo Valis Dj Set e de Nerea e Leonel.
A ESTRADA: sábado, 27 de abril, de 16 a 21 horas, na Praza do Concello. Actuación de Supermirafiori.

Maio

OIA: mércores, 1 de maio, de 16 a 21 horas, no patio exterior do CEIP Manuel Mestre García.
SANXENXO: sábado, 4 de maio, de 16 a 21 horas, no Pavillón Colexio Abrente. Actuación de Brko e Erre.
PORTO DO SON: venres, 10 de maio, de 16 a 21 horas, na Avenida de Galicia (explanada portuaria). Actuación de Flow del Norte.
CASTRO DE REI: sábado, 11 de maio, de 16 a 21 horas, na Praza Maior. Actuación de Valuros.
MOS: xoves, 16 de maio.
CULLEREDO: sábado, 18 de maio.
ARTEIXO: venres, 24 de maio.
VIVEIRO: sábado, 25 de maio.
CHANTADA: venres, 31 de maio.

Xuño

CANGAS: sábado, 1 de xuño.
TEO: venres, 7 de xuño.
O PEREIRO DE AGUIAR: sábado, 8 de xuño.
A LARACHA: venres, 14 de xuño.
PONTEAREAS: sábado, 15 de xuño.
CERDEDO-COTOBADE: venres, 21 de xuño.
ORTIGUEIRA: martes, 25 de xuño.
SAN CIBRAO DAS VIÑAS: mércores, 26 xuño.
XINZO DE LIMIA: venres, 28 de xuño.
RIBADEO: sábado, 29 de xuño.

Xullo

VEDRA: martes, día 2 de xullo.
POIO: mércores, día 3 de xullo.
BAÑOS DE MOLGAS: xoves, día 4 de xullo.
CASTROVERDE: venres, 5 de xullo.
BAIONA: sábado, 6 de xullo.

Folleto informativo