Profesores do Conservatorio Municipal en A Guarda

11 Nov 2022

CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE PROFESORES DO CONSERVATORIO MUNICIPAL
Aprobadas as bases para a constitución a través do sistema de provisión que se sinale para cada posto de traballo, de Bolsas de Traballo no Concello da Guarda, que permitan a cobertura interina das seguintes prazas no Conservatorio Municipal:
— Profesor de piano
— Profesor de violín
— Profesor de gaita
— Profesor de vento metal
— Profesor vento madeira
— Profesor guitarra
— Profesor linguaxe musical

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na forma sinalada nas bases.
As bases estarán a disposición dos interesados nas dependencias do Concello da Guarda e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (www.aguarda.sedelectronica.gal)