O teu espazo xuvenil. Subvencións a concellos de Pontevedra para equipamento de espazos xuvenís

02 Mai 2024

A Deputación de Pontevedra convoca o programa O teu espazo xuvenil

Este programa ten por obxecto convocar subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, para financiar o equipamento das instalacións e locais destinados á mocidade.

Enténdese por “local destinado á mocidade” aquel que sexa de uso exclusivo para actividades desenvolvidas pola xuventude, ou aqueles destinados a usos compartidos sempre que se acredite o seu uso pola xuventude de xeito continuado ao longo do ano, cunha ocupación mínima de 1 día á semana.

Poderán subvencionarse as seguintes actuacións:
- Adquisición de equipamentos inventariables necesarios para o funcionamento do local destinado ao uso da mocidade: a adquisición de equipamento e mobiliario básico, equipamento de oficina, equipamento informático e equipamento acústico
e audiovisual.
- Outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos dos locais para a mocidade.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de xullo de 2024

Máis información no BOP de Pontevedra do 2 de maio de 2024