Premio Literario Energheia

02 Mai 2024

A asociación cultural Energheia de Matera (Italia) coa colaboración da Embaixada de España en Italia e Quimera-Revista de literatura convocan o XXX Premio Energheia 2024.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en lingua española, galega ou catalá e sobre un tema libremente elixido. A extensión máxima será de 7 páxinas.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo premioenergheiaespana@gmail.com

Requisitos
Poderán participar todas asa persoas de entre 18 a 35 anos de calquera nacionalidade e residentes en España.

Dotación
O autor galardoado co primeiro premio e os catro finalistas terán gastos de billete de avión e aloxamento pagos, para participar na cerimonia de entrega dos premios Energheia que levará a cabo en Matera (Italia) e asistir a un curso de narrativa que se realizará nesta mesma cidade na segunda semana do mes de setembro de 2024.

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 15 de xuño de 2024.

Máis información
https://www.revistaquimera.com/