Correspondentes Xuvenís 3.0 (184)

Correspondente xuvenís 3.0 

Na revistaEdugada Consellería de Educación publícase o artigo"A importancia da xestión da información" no que se detalla a experiencia levada a cabo no IES Saturnino Montojo de Ferrol desde o curso 2014/15 ata o actual enCorrespondentes Xuvenís 3.0 dentro do marco doPlan Proxecta

As autoras do artigo sonMaría do Carme Fernández MirandaeCorona Tato García, Profesoras de Lingua Galega no IES Saturnino Montojo.

http://www.edu.xunta.es/eduga/1239/plan-proxecta/correspondentes-xuvenis-30

Adrián, Paula, Almudena, Yovana, Cristina, Ana, Nerea, Andrea, Icía e Paulason o e asCorrespondentes Xuvenísdo IES nº1 da Estrada.

Neste enlace podedes ver o traballo que están a desenvolver no seu instituto. Parabéns a todos!!

https://sites.google.com/site/correspondentesn1/

O Ministerio de Educación poñerá en marcha a partir do día 1 de novembro o teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018

Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.

Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.

900 018 018

Correspondentes Xuvenís 3.0 é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende contar cunha antena informativa en cada centro educativo, que se responsabilice de recoller a información en materia de xuventude enviada dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil da súa localidade para difundila entre o alumnado do centro. Para iso conta con apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil, dos Espazos Xove e co profesorado participante no programa.

Os obxectivos específicos deste programa son:

- Difundir información de interese para a mocidade que está nos centros educativos a través de correos electrónicos,  Redes Sociais e a través da información da páxina http://www.xuventude.net.
- Ofrecerlle ás mozas e mozos que queiran ser correspondentes a posibilidade de informar aos seus compañeiros e así favorecer a participación e a maduración persoal, fomentando unha educación en valores para pensar e desenvolver o espíritu crítico.
- Facilitar o acceso aos mozos e mozas ás actividades, programas e carnés que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, descentralizando deste xeito a información nuns centros claves para o noso público obxectivo.
- Traballar en rede cos centros, permitindo a recepción de información das actividades, iniciativas e propostas do alumnado, permitindo a súa canalización e potenciando, así, os servizos de información xuvenil entre a mocidade dos centros educativos.
- Formar á mocidade na xestión do manexo da información, potenciando as súas habilidades sociais e a asunción temperá de responsabilidades.
- Recabar información das actividades que se organizan por ou para a xuventude desde os propios institutos ou outras institucións para difundila ao resto da mocidade galega.

Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas, estudantes de segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que se encargarán de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.

Os correspondentes terán as seguintes funcións:

- Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os delegados de clase, compañeiros de instituto…
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
- Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta.

A información serálle enviada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e polas oficinas de información xuvenil da súa zona.

Beneficios para os/as correspondentes:

- Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
- Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXV nos que así conste nas súas bases.
- Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Estas horas poderán serlle convalidadas como prácticas para os cursos de información xuvenil que as esixan.

Contarase cun apartado propio da páxina http://www.xuventude.net e material das distintas actividades de xuventude.

Alumnado ao que vai dirixido: preferentemente 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP

Temporización: Curso completo

Criterios de selección: Poderán participar todos os centros públicos e concertados galegos de educación secundaria e formación profesional que o soliciten.

Persoa responsable: Jaime Díaz Fiuza

Teléfono: 881 997 606

Máis información: Plan Proxecta

2016correspondentessaturninomontojoO alumnado Correspondente do IES Saturnino Montojo enviannos varios videos resumo do traballo que desenvolveron ao longo do curso:

Vídeo sobre a implicación dos correspondentes na vida do centro:  https://goo.gl/0xHu6R
Vídeo elaborado polas correspondentes polo día da muller:   https://goo.gl/D0xFzF

As e os Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo son:

Inés, Andrea María, Paula, Iago, Rocío, Francisco Javier, Cristina, Fátima, Ana María, Hugo, Sara, Cristina, Antía, Lucía, Olalla, Clara, Carla, Lucía, Ángela, Lucía, Iago, Seda, Sandra, María Andrea, Inés, María, Lucas, Iago e Francisco.

PARABÉNS polo traballo desenvolto!!!

Video correspondntes saturnino montojoO alumnado do IES Saturnino Montojo que está a traballar no programa Correspondentes Xuvenís 3.0 realizou un video sobre como están a desenvolver as súas funcións de correspondentes:

https://onedrive.live.com/?authkey=%21AOLXr2cvENFSYSg&cid=0845747DF966E1F2&id=845747DF966E1F2%219976&parId=845747DF966E1F2%217633&o=OneUp

Visionado altamente recomendable!!

correspondentes 3.0Aquí podedes ver o video que realizaron os/as Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol sobre o fin de semana de Manzaneda.

Enlace para ver o video:  http://1drv.ms/1Kunnwf

Estupendo traballo!!

iesmestrelandin2Nos seguintes enlaces podedes ver os videos realizados polo alumnado do IES Mestre Landín de Marín, que un curso máis participan no programa Correspondentes Xuvenís 3.0:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesmestrelandin/?q=node/672

https://www.youtube.com/watch?v=YOpPY8bdiQw

https://www.youtube.com/watch?v=jdAi-fc7sds

Parabéns a todas e todos!