Novas e actividades (1321)

O Centro Quérote+ convoca a súaoferta formativa para concellos.

A oferta e a solicitude están dispoñibles no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/querote-mais.html

O programa Erasmus+ pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é socia no proxecto “Let´s dream BIG”, que organiza a ONG Renegade Talent coa colaboración da ONG New  International Company of Live Arts (Nicola).

Obxectivos: O proxecto terá lugar na cidade deLondres (Reino Unido), no que 40 mozos e mozas de España e Reino Unido terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil bilateral, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: grupos de traballo, foros de discusión, encontros con asociacións culturais e con representantes de entidades locais, entre outras.
Mediante a colaboración por un obxectivo común, como a participación na planificación en conxunto, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear  oportunidades de traballo. Así mesmo, compartir experiencias agregará valor ao proxecto en si.

Países participantes:Reino Unido e España
Datas de realización do intercambio:do 12 ao 21 de febreiro de 2017.
Destinatarios:mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) motivados/as a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados/as en establecer unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego e con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
Prazas:20 prazas
Prazo de inscrición:do 14 ao 25 de decembro de 2016.
Cota de participación FEE:100 € (serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección).
Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
Observación:a organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na  factura.
Inscrición:Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión:Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática  e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación.
De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.
Confirmada a praza nos 5 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  agaleuropa@xunta.esa seguinte documentación:
- Factura e billetes de transporte ata a cidade de Londres
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.
- Documento acreditativo dos coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe ou declaración asinada polo/a solicitante no que reflicte posuír coñecementos na materia.
Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:galeuropa@xunta.es
Teléfonos: 981 544 645 e 981 544 869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Se tes entre 13 e 17 anos e queres conversar sobre poesia, música, cine, folosofía…

Podes facelo na Librería Metáfora na R/ Charino nº 9 de Pontevedra

Infórmate dos grupos que se van a organizar.

Envia un correo a:  xeracionmetafora@gmail.com

http://xuventude.pontevedra.eu/conversas-para-mozxs-na-libreria-metafora/

No DOG do 12 de decembro de 2016 publicanse os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, mediante a incorporación de novos itinerarios.

Artigo 4. Título superior de Música
"A superación das ensinanzas artísticas superiores de Música dará lugar á obtención do título superior de Música, seguido da especialidade correspondente, que queda incluído para todos os efectos no nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior e será equivalente ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable exixa estar en posesión do título universitario de grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do título superior de Música"

Máis información no DOG do 12 de decembro de 2016 e enhttp://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113/all

Caso Acoso

Dec 09, 2016

@casoacoso é unha iniciativa contra o acoso escolar da Delegación de Alumnos de Dereito de Ourense.

Oartigo 15 da Constitución españolarecolle que entre os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns está que“todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin penas ou tratos inhumanos ou degradantes”.Explicando este artigo, os membros da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense comezan cada unha das sesións que están a desenvolver.

Os estudantes hoxe universitarios, pero hai poucos anos rapaces e rapazas como os que hoxe asisten ás súas charlas, volven ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria para contribuír a que o alumnado sexa consciente do que é o acoso e das súas consecuencias. Para acadalo, as sesións contan co testemuño en primeira persoa de estudantes universitarios que viviron durante a súa etapa na ESO situacións de acoso.

A actividade proposta divídese en diferentes bloques de actuación. O primeiro está formado por charlas que se realizan nos propios centros e o segundo será unha sesión que se celebrará en maio no campus de Ourense como peche de toda a programación.

Co proxecto xa en marcha, os centros educativos interesados en acoller algunha das sesións da campaña Caso Acoso poden pórse en contacto coa Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito para acoller unha nova edición desta iniciativa. Igualmente, desde a súa organización convidan a outras delegacións de alumnos interesadas en levar a cabo iniciativas similares a que se poñan en contacto con eles para intercambiar información e boas prácticas.

https://www.facebook.com/casoacoso/?ref=nf

https://twitter.com/CasoAcoso

Adrián, Paula, Almudena, Yovana, Cristina, Ana, Nerea, Andrea, Icía e Paulason o e asCorrespondentes Xuvenísdo IES nº1 da Estrada.

Neste enlace podedes ver o traballo que están a desenvolver no seu instituto. Parabéns a todos!!

https://sites.google.com/site/correspondentesn1/

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha formación en prevención e loita da violencia de xénero.

Definición da acción formativa:Prevención e loita da violencia de xénero. Coñecer para actuar.
Destinatarios/as:Persoal das OMIX, técnicos de xuventude e persoas interesadas na temática.
Criterios de selección:terá preferencia o persoal das OMIX e os técnicos de xuventude.
Duración:10 horas distribuidas en 2 días.
Nº asistentes por grupo:25 máximo

Obxectivos xerais:
Coñecer e entender a orixe da violencia de xénero.
Incorporar boas prácticas profesionais para a prevención, a detección e a información ante posibles casos de violencia de xénero.

Contidos xerais:
Concepto e tipificación da violencia de xénero.
Ciclo da violencia de xénero. O bo trato.
Falsas crenzas da violencia de xénero. Mitos, estereotipos  e realidades
Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos seus fillos e fillas.
A trata de mulleres e nenas con fins de explotación.
Recursos e programas de atención a vítimas de violencia de xénero en Galicia

Lugar e horario:
Centro Coordinador de información xuvenil en Santiago: 12 e 13 de decembro en horario de 9h a 14h. Prazo aberto ata o 7 de decembro
Espazo Xove de Ourense: 14 e 15 de decembro de 9h a 14h. Prazo aberto ata o 9 de decembro
Espazo Xove de Tui: 26 e 28 de decembro de 10h a 15h. Prazo aberto ata o 19 de decembro.

Posiblementedesenvolverase esta formación tamén en  Betanzos, Carballo, Viveiro, Vilalba, Vilagarcía e Chantada

Solicitudes:

Formulario da formación no Centro Coordinador de información xuvenil en Santiago

Formulario da formación no Espazo Xove de Ourense

Formulario da formación no Espazo Xove de Tui

Ágora Xove-Asociacionismo e Emprendemento busca promocionar o espírito asociativo e emprendedor entre os mozos e mozas de Boimorto e comarca, a través dun programa de actividades que lles facilite ferramentas prácticas para facer realidade as súas ideas e proxectos nestes campos. Así como mostrarlles, a través da experiencia de entidades e empresas xa maduras, que no rural tamén se pode lograr o éxito no ámbito que nos ocupa.

Para todo isto, desde a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, organizamos o seguinte programa de actividades para o venresdía 23 de decembro, noedificio do antigo concello de Boimorto.

Programa de actividades:
18.00 – 18.15 Inauguración da actividade. Presentación da ágora xove sobre asociacionismo e emprendemento.
18.15 – 19.00 Obradoiro Fai a túa idea realidade: recursos para a mocidade. Impartido por membros da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.
19.00 – 19.15 Pausa
19.15 – 20.00Mesa redonda: Emprendemento e asociacionismo xuvenil no rural.
Marcos Balboa Beltrán
, presidente provincial da Asociación de Xovenes Empresarios (AJE Provincia de A Coruña) e secretario xeral da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (AJE Galicia).
Raquel Carregal Salgueiro, xerente do Albergue Ultreira, vicepresidenta da Asociación de Empresarias Ruráis e vocal da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzua e da Asociación EFA Piñeiral.
Paula Patiño Varela, directora de Conservas A Castrexa e membro da Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA).
Rocío Manteiga Rodríguez, presidenta do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.
20.00 – 20.15 Clausura.
María Jesús Novo Gómez, alcaldesa de Boimorto.
Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Formulario de Inscrición

A Oficina Ecocampus UAM xunto a Amigos da Terra ofertan de novo este ano os Campos de Voluntariado Ambiental en Parques Nacionais. Esta iniciativa, promovida polo Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Medio Ambiente, tenta contribuír áconcienciación ambientala través do desenvolvemento de proxectos e actividades nos diferentes espazos que compoñen a Rede de Parques Nacionais, así como nas Leiras e Centros adscritos ao citado Organismo.

Abrirase a convocatoria a partir dexaneiro de 2017

Os Campos de Voluntariado Ambiental repartiranse en 4 Parques Nacionais: Táboas de Daimiel,Illas Atlánticas de Galicia, Monfragüe e Sierra Nevada. A duración dos mesmos varía segundo o Parque de que se trate, sendo de entre 4 e 14 días.

http://www.uam.es/servicios/ecocampus/especifica/part_campos.htm