Erasmus+ no Deporte

26 Abr 2024

O "Instituto de la Juventud", INJUVE, convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea na liña de Deporte do Programa «Erasmus+» durante 2024

Requisitos:
- Os solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na Guía do Programa.
- Os solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñible no sitio web da Axencia Nacional (http://www.injuve.es/erasmusplus//)

Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión:
- Promover a mobilidade educativa do persoal do ámbito deportivo, así como a cooperación, a calidade, a inclusión, a creatividade e a innovación a nivel das organizacións deportivas e as políticas de deporte.
- Brindar ao persoal das organizacións deportivas, principalmente nos deportes de base, a oportunidade de mellorar as súas competencias e cualificacións e de adquirir novas capacidades a través da mobilidade para a aprendizaxe pasando un período de tempo no estranxeiro, o que contribuirá á creación de capacidades e ao desenvolvemento das organizacións deportivas.

Poderanse solicitar proxectos nas seguintes accións:
- Aprendizaxe por observación e períodos de observación.
- Estancias de orientación ou formación.

Prazo de presentación de solicitudes:
- Ata o 1 de outubro de 2024 ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2025.

BOE do 26 de abril de 2024
http://www.injuve.es/erasmusplus