Consulta Diálogo Estruturado: 10 de decembro en Pontevedra

01 Dec 2016

O Diálogo Estruturado é unha iniciativa da Unión Europea que promove a participación da mocidade de todos os cantos de Europa na vida democrática e fomenta o debate para a creación das políticas europeas de xuventude a través das deliberacións entre mozos e mozas e responsables destas políticas. O Diálogo Estruturado promove a formación dunha cidadanía activa entre a poboación xoven que aporta a súa opinión para crear as políticas que sexan máis acordes ás necesidades da mocidade europea.

Actualmente atopámonos noV CiclodoDiálogoEstruturado, coincidindo co trío de presidencias da UE (Holanda, Eslovaquia e Malta), iniciado en xaneiro de 2016 e quefinalizará enxuñode 2017.

O tema principal de todo o ciclo responde ao enunciado:"Preparados para a vida, preparados para a sociedade:facendoposible que toda amocidadese involucrenunhaEuropa diversa, conectada e inclusiva".

Durante este período, tanto a nivel europeo como a nivel nacional,en todos os países membros da Unión Europea celébranseprocesos de consultasaosmozos e mozas, así como espazos de traballo conxunto entre a mocidade e responsables políticos, como son as conferencias europeas de xuventude.

En cada comunidade autónoma existe unha Embaixada do Diálogo Estruturado que organiza diversas accións para dar a coñecer as actividades do V Ciclo e ademais impulsa e difunde a filosofía do Diálogo a nivel local para que se estendan as accións e iniciativas de diálogo entre mocidade e responsables das políticas.

Neste sentido, a Embaixada para o Diálogo Estruturado na Comunidade Autónoma de Galicia como encargada de organizar as consultas a nivel autonómico e local entre a mocidade galega e os responsables políticos e organizar actividades que fomenten o dialogo estruturado, vai realizar unha xornada de debate en Pontevedra, o sábado 10 de decembro.

A estrutura da Xornada será: pola mañá realizaranse diferentes dinámicas, se informara e debaterá sobre o programa Eramus+ e se realizarán debates sobre temas do V ciclo do Diálogo Estruturado. Na sesión da tarde terá lugar o debate entre mocidade e representantes políticos.

Inscrición:dialogoestructuradogalicia@gmail.com