O obxectivo dos centros Quérote+ é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.
Estratexias
Servizo público, anónimo e confidencial
Equipo de profesionais especializado: psicólogos/as; traballadores/as sociais; educadores/as sociais; enfermeiro/a
Horario de atención ao público adaptado ao tempo e ocio xuvenil
Oficinas ubicadas en espazos de encontro xuvenil
Evaluación continua do servizo e das demandas xuvenís
Coordinación cos equipos de servizos complementarios
Servizos de QUEROTE +
Páxina web con información dinámica e interactiva
Atención profesional de consultas presenciais, telefónicas e on-line
Realización de obradoiros en centros de ensino, asociacións e institucións xuvenís
Actividades divulgativas: stands, mesas informativas, participación en foros