Xuventude.Novas explica os proxectos galegos do programa Yuzz e dá as claves para crear vídeos virais

01 Dec 2014

portadanovembro2014A última edición de Xuventude.Novas de 2014 ofrece unha reportaxe sobre os proxectos que o programa Yuzz seleccionou en Galicia para levar os seus impulsores ata Silicon Valley este mesmo mes de decembro. Este certame sobre innovación tecnolóxica tivo como sedes galegas a Vigo e a Santiago, que desenvolveron unha pulseira para coidar de persoas maiores e un sistema de localización cos teléfonos intelixentes para facilitar e analizar as compras. Os responsables dos dous proxectos gañadores foron recibidos pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou a “capacidade de emprendemento” dos xóvenes.

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado dá conta tamén dunha nova campaña para concienciar sobre os riscos de practicar ‘sexting’, a difusión de imaxes íntimas a través das redes sociais. A campaña recolle dez razón para evitar esta práctica, na que se constatou que a miúdo os xóvenes perciben menos perigo do que en realidade existe.

A entrega dos premios do concurso artístico Xuventude Crea é outro dos contidos destacados deste Xuventude.Novas. Dentro da serie de entrevistas cos gañadores do certame, neste número é a quenda de Alberto Blanco, primeiro premio na modalidade de deseño de xoias, e de Lara Díaz, que vence una categoría de artes plásticas cunha creación pictórica. Blanco explica como se prantexou o deseño das pezas da colección ‘Orografía’ e afirma que aspira a encamiñar os seus pasos profesionais ao mundo da xoiaría. Díaz dá conta do significado da súa obra ‘Deshabitar. Habitación de invitados’ e comenta como compaxina o seu traballo coa afección pola pintura.

Outras dúas reportaxes do boletín son para senllos proxectos apoiados pola Iniciativa Xove. Un deles é a webserie ‘Fame’, que mestura thriller e un pouco de humor negro, valéndose de excelentes interpretacións e un traballo técnico de primeiro nivel. A serie está sendo un éxito de audiencia en internet. E o outro proxecto do que se dá conta é o impulsado por un grupo informal para divulgar un sistema de mostraxe de aire entre a xuventude. O propósito desta iniciativa científica e técnica é poder coñecer o grao de contaminación ambiental, sobre todo en espazos pechados.

Por último, o Xuventude.Novas indica algunhas das bases coas que se pode intentar que un vídeo se convirta en viral pola web. En esencia, hai que coidar tanto o contido como a factura técnica, e ter en conta que é un proceso no que o azar tamén ten unha importante intervención. A habitual axenda de espectáculos e de actuacións musicais por toda Galicia para as vindeiras semanas completa esta edición.

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Boletín Xuventude.Novas