XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela.

06 Mai 2024

 O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo 2024 celebrarase do 13 ao 19 de Maio de 2024

Un Festival que cre firmemente no poder transformador do Teatro tanto a nivel individual como colectivo e nun lecer intelixente e festivo que contribúe ao crecemento dunha sociedade máis igualitaria e empática.

Ppresentarase tamén o simpático “Caracol”, a nova personaxe 2024 que vén ilustrar esta XXV edición, creación de Pablo Pastor, que leva 25 anos dándolle ao Festival esa personalidade única.

Habrá espectáculos e compañías chegadas das máis diversas procedenzas: Italia, Arxentina, Holanda, México, Francia, Portugal, Alemaña, Valencia, Castela León, Cantabria, Andalucía, Aragón ou Galicia.

Este ano haberá unha programación especial de rúa os días 17, 18 e 19 de maio.

Máis información:
www.fitredondela.com