Residencias para proxectos artísticos

22 Abr 2024

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca catro axudas, para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentor a través de residencias. Para iso se realizará unha selección dun máximo de catro proxectos vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño, valorando positivamente o enlace con outras disciplinas tendo en conta o carácter híbrido da cultura actual.

Poderá participar calquera persoa que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño. Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este cometido na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Cada proxecto seleccionado recibirá unha axuda de 8.000 €. Nesta cantidade inclúense o seu desenvolvemento, os gastos de transporte, estadía, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto.
Ademais a Fundación porá á disposición das persoas beneficiarias en calquera dos catro proxectos:
– O espazo de traballo para poder ser utilizado un mínimo de tres semanas e un máximo de seis semanas, en condicións axeitadas para o seu uso, con conexión wifi, seguridade, limpeza e climatización.
– Os recursos humanos propios de seguimento técnico de cada proxecto, segundo a dispoñibilidade e horario pactados de común acordo coas persoas beneficiarias dos proxectos seleccionados.
– Persoa mentora que acompañará cada proxecto.

As residencias celebraranse entre os meses de setembro e novembro de 2024.

O prazo de presentación de proxectos estará aberto ata o 22 de maio de 2024.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedemento CT898A

Máis información no DOG do 22 de abril de 2024 e en https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/axudas-rega-2024-residencias-artisticas-do-gaias