Bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia 2023

21 Feb 2023
 
A Mesa do Parlamento de Galicia convoca a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
 
1) Oito bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
 
-2 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
-2 bolsas de formación en comunicación institucional.
-2 bolsas de formación en publicacións.
-1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
-1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
 
2) Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.
 
As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses desde a súa concesión.
 
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 
Convoca
Parlamento de Galicia
 
Requisitos
Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas.
Posuír as titulacións universitarias indicadas na convocatoria.
Ampliar a información de requisitos na convocatoria.
 
Dotación
O importe total de cada bolsa será de 12.000 euros brutos.
 
Máis información no DOG 13 de Febreiro de 2023.