A Fundación Biodiversidade convoca 5 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación.
Bolsas
- área de bioeconomía: 1 bolsa de formación dirixida a persoas con titulación de Grao universitario na rama de Ciencias (Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, Enxeñería de Montes, Enxeñería Agrónoma, Xeografía, Xeoloxía etc.)/ etc.) ou un máster en Xestión Ambiental.
- área de Comunicación, Relacións Institucionais e Social Media convoca 1 bolsa de formación dirixida a persoas con titulación de Grao universitario en materia de comunicación (Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Comunicación audiovisual, Ciencias da Información etc.)/ etc.)
- área de Comunicación, Relacións Institucionais e Social Media convoca 2 bolsas de formación dirixidas a persoas con titulación de Grao universitario en materia de comunicación (Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Comunicación audiovisual, Ciencias da Información):
- bolsa de deseño gráfico: 1 bolsa de formación dirixida a persoas con titulación de Grao universitario e/o de Formación Profesional en materia
de deseño gráfico e comunicación dixital ou xestión de plataformas de redes sociais Bo día, recibimos a súa solicitude de activación de carné xove pero non podemos tramitala.
A persoa beneficiaria poderá optar por algunha das seguintes modalidades, axustadas con ánimo de facilitar a conciliación e compaxinación con outros estudos:
- Ata 600 € ao mes por 5 horas diarias.
- Ata 840 € ao mes por 7 horas diarias
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 31 de maio de 2023.
Máis información no BOE do 15 de maio de 2023 e en https://fundacion-biodiversidad.es/formacion-y-empleo/
A Fundación Galicia Europa convoca 1 bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na súa oficina en Bruxelas.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.
Contía da bolsa:
- Importe bruto da bolsa: 16.200 €.
- Axuda de desprazamento para gastos de viaxe: 1.100 euros.
- Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 91,70 euros.
Requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar o nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
- Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
- Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2023.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2023 e en https://fundaciongaliciaeuropa.eu/categoria/actividades/bolsas/
A Xunta de Galicia convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:
O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.
O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.
Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
- 1.225 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
- 1.378 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
- Para as Universidades de Bangor, Cork e Varsovia, consultar tabla.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E e PL500F
Máis información no DOG do 12 de maio de 2023 e en http://www.xunta.es/linguagalega
A Organización Nacional de Transplantes convoca as seguintes bolsas:
1 bolsa para graduado/a en Medicina e Cirurxía, Bioloxía, Veterinaria, Farmacia ou Estatística
1 bolsa para graduado/a en Xornalismo, Comunicación, Marketing, ou Publicidade e Relacións Públicas
A contía da bolsa son 1.354,81 euros mensuais íntegros.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2023
Máis información no BOE do 9 de maio de 2023
O Tribunal Constitucional convoca as seguintes bolsas:
1 bolsa de biblioteconomía e documentación de formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.
Requisitos:
Titulación universitaria de Biblioteconomía e Documentación
Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
6 bolsas de formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.
Requisitos:
- Estar en posesión do título de graduado/a en Dereito.
- Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
- Posuír coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (First Certificate, puntuación mínima de 87 no TOEFL Internet Based Test, Delf B.2, ou equivalentes).
A dotación de cada bolsa será de 1.260 euros brutos mensuais.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de xuño de 2023
Máis información no BOE do 4 de maio de 2022 en www.tribunalconstitucional.es
A Fundación Galicia Europa convoca 4 bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na súa sede de Bruxelas.
Bolsas:
3 bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario
1 bolsa de formación dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional
As 4 bolsas son para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.
O obxectivo das bolsas é permitir ás persoas beneficiarias familiarizarse cos asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega e, en última instancia, facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
Modalidades de bolsas:
a) 2 bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega.
b) 1 bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
c) 1 bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.
Cada persoa bolseira cobrará 14.850 euros.
Axuda de desprazamento para gastos de viaxe a cada bolseiro: 500,00 euros
Requisitos:
Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
Posuír o título académico necesario ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do dito título.
Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria:
a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega, é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para a bolsa de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
c) Para a bolsa de prácticas de secretariado e apoio administrativo, é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de xuño de 2023.
Máis información no DOG do 4 de maio de 2023 e en https://fundaciongaliciaeuropa.eu/categoria/actividades/bolsas/
As Bolsas Leonardo da Fundación BBVA están destinadas a apoiar o traballo de persoas investigadoras e creadoras culturais que, atopándose en estadios intermedios da súa carreira, caracterícense por unha traxectoria científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora.
O obxecto desta convocatoria é a concesión de bolsas individuais a persoas investigadoras e creadoras culturais para o desenvolvemento dun proxecto marcadamente persoal e innovador no correspondente ámbito de especialización científica, tecnolóxica ou cultural.
Concederanse polo menos 55 bolsas, dotadas cada unha delas cun importe bruto máximo de 40.000 euros:
Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas): 6 bolsas.
Bioloxía e Biomedicina: 6 bolsas.
Ciencias do Medio Ambiente e da Terra: 5 bolsas.
Enxeñerías: 6 bolsas.
Ciencias da Computación e Ciencia de Datos: 5 bolsas.
Ciencias Sociais: 6 bolsas.
Humanidades: 6 bolsas.
Artes Plásticas: 5 bolsas.
Música e Ópera: 5 bolsas.
Creación Literaria e Artes Escénicas: 5 bolsas.
Os proxectos presentados terán unha duración de entre 12 e 18 meses desde a subscrición do compromiso de aceptación da bolsa. O proxecto obxecto da bolsa solicitada deberá estar completado ao finalizar este período.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2023, ás 18:00 h.
https://www.redleonardo.es/becas/becas-leonardo-investigadores-creadores-culturales-2023/
O Ministerio de Cultura convoca 80 bolsas do Plan formativo en habilidades empresariais das industrias culturais e creativas
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 17 de abril de 2023 e finalizará ás 14 horas do 16 de xuño de 2023.
Máis información no BOE do 14 de abril de 2023 e en https://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html
VI Convocatoria de Axudas de Fundación ONCE para a realización de “Cursos de idiomas no estranxeiro” dirixidas a mozos e mozas con diversidade funcional inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no marco do programa de emprego xuvenil 2011-2022 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Este programa de axudas ponse en marcha para reforzar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas con diversidade funcional e mellorar así as súas oportunidades de atopar empregos cualificados. Trátase de contribuír á igualdade de oportunidades, ofrecendo os recursos necesarios para favorecer a mobilidade internacional e a adquisición de competencias linguisticas.
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude ata o 23 de xullo de 2023 e os cursos poderán realizarse ata o 30 de setembro de 2023.
Requisitos
Diversidade funcional cun grao igual ou superior ao 33%
Idades entre os 18 e os 29 anos.
Beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Matricularse nalgún curso de idiomas no estranxeiro dun mínimo de 4 semanas e un máximo de 12 semanas de duración. Os cursos deben de contar con polo menos 20 clases semanais ou 15 horas semanais.
Dispoñer de seguro médico durante o período de estancia no estranxeiro. Este seguro pode ser a tarxeta sanitaria europea en vigor ou calquera outro que se contrate de maneira específica.
Dotación
Programas de 4 semanas - 2.000 euros
Programas de 6 semanas - 3.000 euros
Programas de 8 semanas - 4.000 euros
Programas de 10 semanas - 5.000 euros
Programas de 12 semanas - 6.000 euros
Máis Información
idiomas@fundaciononce.es - Bases da convocatoria / Formulario de solicitude