Correspondentes de ASCT do IES Rosalía de Castro de Santiago

15 Dec 2022

O grupo de 1º de Animación Sociocultural e Turística do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e dentro do módulo de Información Xuvenil, asumen o papel de Correspondentes Xuvenís perante a comunidade educativa do seu centro educativo.

Entre as súas funcións destaca a selección e difusión da información provista pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, tendo en conta as necesidades e demandas da mocidade do centro, nunha linguaxe comprensible, accesible e desenfadada.

Pretenden con isto achegar información de calidade, fiable e consistente ao estudantado do instituto, mantendo o “Rosalía ao día”.

Para seguir as súas actividades basta con asumarse a Facebook (@rosaliaodiaCorrespondentes), Instagram (@rosaliaodia22.23), Twitter (@rosaliaaodia) e TikTok (@rosaliaodia), que actualizaran semanalmente coas novas máis relevantes para a comunidade educativa.

Igualmente, animan a todo o estudantado a contactalos coas novas que consideren relevantes mediante mensaxes directas aos seus perfís en redes sociais ou por correo electrónico na dirección: rosaliaaodia0@gmail.com

Parabéns!