A educación: cambiar o presente para mellorar o futuro

08 Set 2022

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura, comezaron setembro e a nova tempada escolar con máis contidos en Proxector, iniciativa web habilitada coa finalidade de achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador, ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos. Os novos contidos incorporados teñen que ver co tema docente.

Trátase do especial A educación: cambiar o presente para mellorar o futuro. Inclúe 12 pezas audiovisuais seleccionadas de entre o fondo de Proxector para difundir análises, demandas, experiencias e propostas de cara a apoderar a educación como motor que transforme o tempo que nos agarda.

En formato presentación, tamén podemos ver estes contidos nos espazos do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10396