O Concello de Santiago de Compostela fai unha selección do alumnado traballador/a para o programa de emprego, para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX, “APPVENTURERS”.
As especialidades a impartir son as seguintes:
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (IFCD0210)
Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (IMSV0209), 16 alumnos/as
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) presenta a súa oferta de formación e de seminarios par o curso 2023/24.
As accións formativas centraranse en eidos como a ciberseguridade, as solucións na nube, a ciencia de datos ou a intelixencia artificial.
A Cámara da Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á Mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral.
Así, no mes de setembro darán comezo dez actividades:
En liña:
- Inglés a2, b1, b2 e c1 (300 h), con certificación oficial de Oxford: inicio o 20/09/2023
- Xestión de proxecto con bim; revit e navisworks (250 h): inicio o 21/09/2023
O 12 de setembro, ás 12h, terá lugar unha clase práctica explicativa para coñecer en detalle os contidos deste curso á que se poderá acceder a través deste link.
- Análise de datos e ferramentas avanzadas de microsoft excel (250 h), con certificación en microsoft office specialist e expert: inicio o 25/09/2023
Presencial:
- Deseño e creación de videoxogos (180 h): inicio o 18/09/2023
- Persoal de apoio para xestoría (180 h): inicio o 18/09/2023
- Mk e comunicación (180 h): inicio o 18/09/2023
- Mercado da moda (180 h): inicio o 18/09/2023
- Auxiliar de reposición e venda en gran superficie (210 h), con 100 h de prácticas en empresas: inicio o 18/09/2023
- Prl no sector da construción (180 h), en colaboración con apecco: inicio o 20/09/2023
- Microsoft office (180 h): inicio o 26/09/2023
Se es unha persoa moza rexistrada en Garantía xuvenil, aquí atoparás información para formarte e acceder aos novos empregos que está a demandar a nosa sociedade en transición a unha economía verde e sostible, a través dunha ampla oferta de cursos en formato en liña, presencial e mixto. Comeza a formarte en competencias e habilidades verdes, economía circular, enerxías renovables, eficiencia enerxética, etc.
A información sobre os cursos aparece desagregada por comunidades autónomas e, dentro de cada comunidade, polas provincias nas que se imparte esta formación.
É necesario que os interesados estean inscritos en Garantía Xuvenil.
O período de inscrición estará aberto ata o 31 de decembro de 2023.
Máis información https://www.sepe.es