O Concello do Grove convoca a XXX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta.
Poderá concorrer ao premio calquera persoa que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico. Os textos presentados han ter unha extensión mínima de 50 páxinas e unha extensión máxima de 100 páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.
De cada un dos textos concorrentes, presentaranse cinco copias en papel e unha en soporte dixital, nun documento de procesador de textos, antes do día 15 de setembro de 2023, remitíndoas ao enderezo seguinte:
XXX Premio Manuel Lueiro Rey
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra
A dotación do premio é de 3.000 €
O prazo de presentación das obras está aberto ata o día 15 de setembro de 2023.
Máis información no BOP de Pontevedra do 25 de maio de 2023
A Universidade de Santaigo de Compostela desde o seu Campus de Lugo convoca a edición 2023 do concurso de vídeos Petiscos de ciencia.
Ten o obxectivo de “achegar a actividade científica á mocidade, ademais de para favorecer a divulgación en lingua galega dos contidos do labor que desenvolve a comunidade investigadora”.
O certame, que nesta edición está aberto á participación do alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, repartirá 300 euros en premios entre as dúas propostas máis valoradas polo xurado.
O prazo de presentación de vídeos inéditos e orixinais, que poden ser elaborados de xeito individual ou en equipos de tres persoas coordinadas por un docente, remata o 15 de outubro de 2023.
As propostas presentadas a concurso deben remitirse ao enderezo de correo electrónico fcdeca@usc.gal e teñen que estar aloxadas nunha canle de YouTube baixo licenzas Creative Commons.
Os vídeos serán en lingua galega, tanto nas expresións orais como nos elementos escritos, e a súa duración non pode ser inferior a 30 segundos nin superior a 90 segundos.
https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/petiscos2023.html
O Concello de Madrid convoca os Premios Madroño, Certame de mozos e mozas creadores 2023
A finalidade do certame é o de establecer, implantar e constituír áreas de participación dos e as mozas nos diferentes campos da creación artística e innovación cultural, así como premiar e recoñecer o talento artístico, o traballo e o esforzo, destacando especialmente os valores que transmiten e promoven.
Modalidades do Certame:
Poesía
Relato curto
Música
Danza
Curtametraxe
Micro Teatro
Obra Plástica
Fotografía
Premios: Para as oito modalidades haberá un primeiro premio de 5.000 € e un segundo premio de 3.500 €.
Gastos de desprazamento:
O Concello de Madrid dispón dunha bolsa económica destinada a sufragar (total ou parcialmente en función da demanda e ata esgotar a bolsa) gastos de desprazamento ata Madrid dos mozos participantes que residan fose da Comunidad de Madrid, que resultasen finalistas nalgunha das modalidades do Certame Madrid, para acudir ao festival correspondente ou á Gala Final.
A quen vai dirixido?: Mozos e mozas españois ou estranxeiros residentes en España.
Prazo: ata o 8 de xuño de 2023
O Concello de Cambados convoca un concurso para a elección do cartel anunciador da Festa do Albariño 2023
O prazo de presentación dos traballos é ata as 14:00 horas do día 23 de xuño de 2023
O Concello de Cambados concederá un único premio por importe de 600 € e diploma
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser orixinais e inéditas
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
A temática, aínda que libre, debe reflectir o que simboliza a Festa do Albariño para Cambados. Valorarase positivamente a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de expoñentes da cultura e do patrimonio relacionado co viño e a vila.
Deixarase unha franxa na parte inferior do cartel suficiente para poder engadir os logotipos dos organizadores e colaboradores.
O texto incluído no cartel deberá ser:
LXXI FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
CAMBADOS, do 2 ao 6 de Agosto de 2023
Declarada de Interese Turístico Internacional
www.cambados.gal
As obras deberán ser presentadas en dous soportes:
A. Dixital, nun sobre pechado, que levará no exterior un LEMA. No interior incluirase:
- Gravados en alta resolución nun USB, en formato editable: Adobe Photoshop, Illustrator ou CorelDraw. Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, guache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.
- Nome e apelidos do autor.
- Fotocopia do D.N.I.
- Dirección, teléfonos de contacto e correo electrónico.
- Ficha de inscrición (Anexo ás presentes Bases).
B. Impresos e pegados sobre cartón pluma, debidamente protexido, de tamaño 42 × 60 cm, (dim A2) onde se incluirá no reverso do cartel o LEMA ou PSEUDÓNIMO.
Os envíos internacionais deben especificar no paquete: Sen valor comercial / Para uso cultural.
Máis informaciónn o BOP de Pontevedra do 19 de maio de 2023
O Concello de Lugo convoca o 23º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre "Cidade de Lugo"
Poderán participar neste certame todas e todos os artistas maiores de 18 anos que o desexen. Cada autora e/ou autor só poderá presentar unha obra, e non poderá asinala ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado.
O estilo e a técnica serán libres, e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural. Os participantes deberán enviar unha localización do punto no que se sitúen para realizar a súa obra ao correo cultura@lugo.gal antes das 12.00 horas; de non ser posible, facelo telefonicamente aos números indicados na base 12ª.
As inscricións realizaranse no Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo o propio día do certame, no momento de selado dos soportes, e serán gratuítas. O certame terá lugar o domingo, día 9 de xullo.
Cada participante levará o material que poida necesitar e considere necesario para desenvolver o seu traballo, incluído (de ser posible) o seu cabalete onde se exporá a súa obra.
O soporte non superará as dimensións máximas de 100 x 100 cm. e presentarase o día do certame das 9.00 ás 11.00 h da mañá no Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo (praza Maior 1), para ser selado.
O tempo para presentar as obras será entre as 16.00 e as 17.00 horas e realizarase no control establecido na praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18.00 horas e os autores e autoras asinarán as obras.
Premios:
1º.- 1.600 € e diploma
2º.- 1.100 € e diploma
3º.- 900 € e diploma
5 accésits de 300 € e diploma
Para calquera consulta sobre algún pormenor da actividade, deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua nos teléfonos 982 297 212/16/17
Máis inforamción no BOP de Lugo do 18 de maio de 2023
O Concello de Lugo convoca o Premio de deseño gráfico San Froilán 2023 para elixir o cartel anunciador das festas patronais San Froilán 2023
Poderán concorrer cantas autoras e autores o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada persoa cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.
Os deseños contribuirán a enxalzar a cidade de Lugo e as súasfestaspatronais de San Froilán. Deberán incluír o texto:
- LUGO, SAN FROILÁN 2023
- 4-12 DE OUTUBRO
- A imaxe corporativa do Concello
- Festa de Interese Turístico Galego. Festa de Interese Turístico Estatal.
- www.sanfroilan.info
- Os logotipos das redes sociais existentes: Instagram, Twiter, Facebook e Youtube.
A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 2.000 €.
O deseño gañador será empregado como cartel anunciador do "San Froilán 2023"
Entrega de traballos:
Poderá facerse ata o mércores 21 de xuño, en formato dixital JPG, cunhasdimensións de 50x70 cm e con 72 ppp de resolución (1417x1984 píxeles)
Poden presentarse de tres modos:
- Persoalmentenas dependencias de Cultura, en lapis de memoria.
- Por correo postal certificado dirixido á Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, praza Maior 1, 27001 Lugo (neste caso, será necesario que envíe unha copia escaneada da folla de envío de Correos á conta de correoe cultura@lugo.gal o día que se realice o envío)
- Por correo electrónico ao enderezo cultura@lugo.gal, indicando CARTEL SAN FROILÁN 2023.
Os traballos deberán ser presentados de xeito anónimo, identificándoos cun lema.
En documentos á parte do cartel, acompañará:
1. Plica, identificada comesmo lema có cartel, que conterá todos os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, enderezo completo, correo-e e teléfono.
2. Copia escaneada do DNI ou equivalente.
3. Copia escaneada da declaración xurada que figura no anexo I destas bases. É importante que este documento estea asinado.
Presentaranse anexados ou xuntos, se o envío se fai por correo-e, ou en sobre pechado, con lema no exterior, se se fai en papel.
Máis información no BOP de Lugo do 18 de maio de 2023 e en http://concellodelugo.gal