A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) presenta o CERN’s Summer Student Programme para a realización de prácticas de entre 8 e 13 semanas nun proxecto técnico avanzado dentro dun equipo experimental ou de enxeñería. Durante ese tempo, os beneficiarios teñen a oportunidade de asistir a conferencias nas que expertos e científicos de todo o mundo comparten os seus coñecementos sobre unha ampla gama de temas nos campos da física de partículas teórica e experimental, a enxeñería e a informática. As visitas ás instalacións do CERN, así como as sesións de debate e talleres tamén son características clave deste programa. Todos os estudantes bolseiros comprometeranse a presentar un breve informe ou memoria sobre o seu traballo e proxecto no CERN ao final da súa estancia.
Requisitos
Estudantes matriculados nunha licenciatura ou grao en Física, Enxeñería, Informática ou Matemáticas. Todos os aspirantes deben ter un bo nivel de inglés e os que dominen o francés terán preferencia sobre o resto.
Dotación
As prácticas están remuneradas con 92 francos suízos ao día (uns 95 euros), para que os bolseiros poidan cubrir o custo do aloxamento e a manutención en Xenebra durante a duración do contrato.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2024.
Máis información
https://www.smartrecruiters.com
Queres formar parte da transición enerxética? Esta pode ser a túa oportunidade! Somos unha compañía multienergía global, que se apoia na innovación tecnolóxica e a dixitalización para crear un futuro máis sostible e contribuír ao progreso da sociedade. Temos un papel relevante na transición enerxética cara a un mundo descarbonizado, empregando todas as enerxías e tecnoloxías dispoñibles para ser cero emisións netas en 2050. Apostamos polas persoas, por iso somos un equipo dinámico e diverso, cunha ampla variedade de traxectorias, habilidades e culturas. Estamos comprometidos coa igualdade de oportunidades, a diversidade e a inclusión, e promovemos contornas de traballo nos que as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial.
Buscamos persoas con capacidade de aprendizaxe que queiran medrar connosco e integrarse nas distintas áreas e negocios da compañía. As nosas prácticas ofrecen a mellor experiencia, unha oportunidade única para crecer e desenvolverte nun ámbito tan retador como o sector da enerxía.
Ofrecemos un período de prácticas de 6 meses, con posibilidade de ampliar outros 6 meses máis, no que terás a oportunidade de:
•Formar parte dun equipo multidisciplinar no que aprender e desenvolverte profesionalmente con expertos de primeiro nivel, cun bo clima de traballo e nunha contorna diversa e internacional.
•Participar en proxectos pioneiros vinculados á sustentabilidade, cun impacto directo na sociedade.
Ademais, disporás de horario flexible en instalacións dotadas de servizos talles como cafetarías, banco de tempo, servizo médico…
Requisitos
•Estudantes de grao universitario ou xa graduados.
•Nivel de inglés alto (C1)
•Persoas que compartan os nosos principios: eficiencia, creación de valor, anticipación e respecto
Máis información
https://index.repsol.com/
O Programa de Prácticas da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) ofrece aos bolseiros a oportunidade de desenvolver as súas capacidades e adquirir experiencia, aumentando así as súas perspectivas de emprego e proporcionándolles unha experiencia de aprendizaxe intercultural.
A OSCE ofrece un número limitado de prazas para bolseiros que se cobren en función das necesidades do momento e das instalacións dos distintos Departamentos. As prácticas adoitan durar entre dous e seis meses e teñen lugar ao longo de todo o ano.
As prácticas da OSCE non son remuneradas. Con todo, os candidatos seleccionados que non residan no lugar de destino poden ter dereito a unha compensación parcial dos seus gastos de manutención.
Os bolseiros poden axudar e apoiar o traballo das seguintes oficinas da OSCE:
Secretaría da OSCE, Viena;
Oficina do Representante para a Liberdade dos Medios de Comunicación, Viena;
Alto Comisionado para as Minorías Nacionais, A Haia;
Presenza da OSCE en Albania;
Misión da OSCE en Bosnia e Hercegovina;
Misión da OSCE en Kósovo;
Misión da OSCE en Skopje;
Misión da OSCE en Moldova (requírense coñecementos de ruso ou romanés);
Misión da OSCE en Serbia;
Coordinador de Proxectos da OSCE en Ucraína;
Centro da OSCE en Bishkek;
Oficina da OSCE en Dushanbe.
As institucións e operacións sobre o terreo que non figuran na lista anterior non aceptan actualmente solicitudes de prácticas.
Requisitos
Estudantes de último curso de ensino superior (universidade ou outra institución acreditada) a nivel de grao ou posgraduado; ou recentemente graduados ou posgraduados, é dicir, nos dous anos seguintes á súa gradación.
Ser capaz de adaptarse a unha contorna de traballo internacional e multicultural.
O límite máximo de idade para os candidatos é de 30 anos e requírese un bo coñecemento práctico do inglés, tanto oral como escrito, así como coñecementos informáticos.
Ademais destes requisitos mínimos, algunhas operacións sobre o terreo poden requirir coñecementos de ruso ou requisitos adicionais, que se indicarán no anuncio de vacante.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse contestando a unha oferta de vacante específica na institución ou proxecto sobre o terreo na que o solicitante desexe traballar, cumprimentando o formulario de solicitude en liña, escribindo un breve ensaio de motivación no campo "Carta de presentación" e enviándoo en liña.
Máis información https://osce.org/
O Banco Europeo de Investimentos ofrece prácticas a titulados universitarios. O Banco Europeo de Investimentos (BEI) é a institución de financiamento da Unión Europea. A súa misión é contribuír á integración, ao desenvolvemento equilibrado e á cohesión económica e social dos países membros.
Os departamentos do BEI contratan a bolseiros ben cualificados para realizar un período de prácticas dende un a cinco meses seguindo un programa de formativo definido, principalmente nas áreas de finanzas, auditoría, economía, enxeñería e secretaría xeral.
O número de períodos de prácticas no Banco é moi limitado e concíbese en función das necesidades dos departamentos, que tamén determinan a duración do período de prácticas.
Os asesores de formación designados polos departamentos de acollida orientarán aos bolseiros nos seus programas de traballo e encargaranse de supervisar a súa formación.
Poderá concederse unha asignación aos bolseiros. O Director de Recursos Humanos determinará a súa contía. Os candidatos discapacitados poderán recibir unha asignación suplementaria.
Requisitos:
Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros ou dos países candidatos cuxas negociacións de adhesión comezasen.
Posuír un profundo dominio dunha das linguas de traballo internas do Banco (francés/inglés).
Darase preferencia aos candidatos que terminen ou inicien un curso sobre a integración europea ou un ámbito relacionado coas actividades do BEI en canto institución de financiamento da Unión Europea.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de decembro de 2023.
Máis información https://www.eib.org/
A Autoridade Bancaria Europea (ABE) é unha autoridade independente da UE que traballa para garantir unha regulación e supervisión prudencial eficaz e coherente en todo o sector bancario europeo. Os seus obxectivos xerais son manter a estabilidade financeira na UE e salvagardar a integridade, eficiencia e funcionamento ordenado do sector bancario.
Cada ano, a Autoridade Bancaria Europea ofrece diferentes períodos de prácticas na súa sede de París.
Os bolseiros reciben unha bolsa mensual de 1827,14 EUR; a duración das prácticas é de 6 meses con posibilidade de prórroga.
Destinatarios:
Titulados universitarios recentes, que finalizasen os seus estudos como máximo cinco anos antes da data límite para a presentación de candidaturas.
Nacionais dos Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e os países candidatos á adhesión.
Contar con moi bos coñecementos de inglés, por ser a lingua oficial de traballo da ABE.
Presentación de solicitudes:
Os solicitantes deben enviar a súa solicitude en inglés a EBA-Traineeship-Applications@eba.europa.eu, indicando o número de referencia do posto de prácticas que solicitan e engadir o seu nome e apelidos no asunto do correo electrónico e incluír os seguintes documentos:
un CV en formato Europass
unha carta de motivación
un cadro de criterios de admisibilidade cumprimentado, datado e asinado
copias dos diplomas (ou certificados pertinentes) de todos os estudos universitarios e de posgraduado declarados no CV.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de decembro de 2023.
Máis información https://www.eba.europa.eu/
A UNESCO ofrece a estudantes, investigadores e traballadores públicos a posibilidade de solicitar prácticas non remuneradas de 1 a 4 meses na súa sede co obxectivo é ofrecer unha experiencia profesional nunha organización internacional que se relacione coa formación dos participantes e que a complemente.
Criterios
Cualificacións académicas: estudante en estudos de grao ou posgrao ou en escolas técnicas.
Idiomas: excelente coñecemento falado e escrito dunha das dúas linguas de traballo, inglés ou francés.
Coñecementos informáticos: capacidade para utilizar programas de ofimática (MS Office).
Actitude: son esenciais a conciencia das múltiples facetas dun mundo multicultural e o compromiso co servizo público internacional.
As solicitudes deben presentarse polo menos un mes antes do inicio das prácticas. O formulario de candidatura só pode enviarse en liña.
O prazo de presentación estará aberto ata o 21 de decembro de 2023.
Máis información https://en.unesco.org/careers/internships
ICEX España convoca a concesión de subvencións do "Proxecto ICEX Vives" para prácticas formativas en empresas para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
Idade: 18-30 anos no momento da solicitude da axuda.
Estar en posesión dunha titulación universitaria de grao e/o de máster, ou de formación profesional media ou superior.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xaneiro do 2023 ata o esgotamento do crédito orzamentario desta convocatoria. En todo caso, as prácticas formativas deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.
As dotacións individuais anuais por persoa beneficiaria dependerán da Oficina de destino, abarcando desde os 21.700 euros ata os 50.000 euros.
O Instituto IMDEA Enerxía propón un programa de prácticas remuneradas de investigación para estudantes de máster altamente motivados para iniciarse na investigación e aprender dun equipo multidisciplinar de investigadores de renome internacional. O propósito desta convocatoria é achegar a investigación aos estudantes para que poidan decidir a súa orientación profesional e a posibilidade de desenvolver unha carreira científica.
A data límite de presentación de candidaturas está aberta ata o 13 Xaneiro de 2023. As solicitudes acéptanse exclusivamente a través do correo electrónico indicado na respectiva liña de investigación. Cada candidato só pode presentar unha solicitude ao programa.
A solicitude debe incluír
Currículo
Acreditación de estar matriculado nun Máster oficial
Expediente académico da titulación
Carta de motivación
Criterios de adxudicación
Expediente académico
Motivación
Coñecementos de inglés
Outros méritos
Requisitos
Ser estudante de Máster Universitario (título de Máster Oficial).
Estar en posesión da Titulación de Grao oficial requirida para cada posto.
Ter permiso de residencia en España durante a duración das prácticas.
Dotación
As prácticas teñen unha duración máxima de 350 horas.
Axuda económica de ata 2.000 € (en función das horas realizadas).
ICEX Vives é un novo proxecto formativo, no que se axuda a impulsar a internacionalización das empresas españolas conectándoas con talento novo con custo cero. Unha experiencia única na que se prevé a oferta de 2000 prácticas cunha duración entre 6 e 12 meses, que poderán solicitarse a partir de xaneiro de 2023. Un destino no estranxeiro, nun único país ou en varios, sempre na mesma empresa.
Mediante este proxecto apoiase aos mozos e mozas para que vivan unha experiencia formativa única e enriquecedora, e ás empresas para que atopen o talento que impulse os seus procesos de internacionalización.
Iniciativa financiada polos fondos Next Generation EU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, enmarcado no compoñente C13 'Impulso á Peme', cuxo principal obxectivo é impulsar a recuperación e modernización do noso país. Está dotado cun orzamento de 60 000 000 de euros para o período comprendido entre 2022, 2023 e 2024
Requisitos
Ter entre 18 e 30 anos, nacionalidade española ou da UE, titulación universitaria de grao ou de técnico medio ou superior de Formación Profesional, e querer vivir unha experiencia internacional.
Prácticas formativas en calquera disciplina, non importa cal sexa a túa especialización.
Dotación
Dotación económica en función da cidade/país de destino: entre 21.000 € e 46.000 € ao ano.
Seguro de asistencia médica e de viaxe a cargo de ICEX.