Concurso Internacional de Contos "A toda cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia"

07 Mai 2024

O Movemento pola Paz convoca o Concurso Internacional de Contos "A toda cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia".

O Concurso Internacional de Contos “A toda cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia” partirá de tres ilustracións deseñadas pola ilustradora Adaora Onwuasoanya Martínez que, abertas á interpretación e imaxinación de cada participante, pretenden inspirar para a creación de contos relacionados coa denuncia de expresións de racismo e xenofobia, a concienciación social sobre o que supoñen estas actitudes discriminatorias ou o lanzamento de propostas para construír relacións interculturais pacíficas.

As obras seleccionadas serán publicadas nunha antoloxía de relatos que realizará o Movemento pola Paz –MPDL– coa colaboración das editorial Edicións Dorna.

Os relatos deberán estar inspirados nunha das 3 ilustracións propostas, sen limitación en canto ao xénero, estilo ou público obxectivo (infantil, xuvenil ou adulto).

Os textos das obras propostas, orixinais e inéditas, deberán ter unha extensión de entre 3000 e 5000 palabras.

Cada participante poderá presentar un único conto por ilustración (máximo tres propostas por persoa, sempre que estean inspiradas en ilustracións distintas).

Os textos deberanse enviar en Microsoft Word (ou calquera outro procesador de textos), en formato DIN A4, tipografía Times New Roman, cun tamaño de letra 12 e interlineado 1,5.

Os contos enviaranse ao correo electrónico cuentos@mpdl.org

A recepción de manuscritos estará aberta ata o 30 de xuño de 2024 inclusive.

Requisitos:
Pode participar calquera persoa, sen limitación de idade, nacionalidade ou localización xeográfica.
As nenas, nenos e mozos menores de 14 anos necesitarán o consentimento da nai, o pai ou titor/titora legal para poder participar.

Dotación:
Os 9 contos gañadores serán publicados e difundidos nunha antoloxía que publicará o Movemento pola Paz coa colaboración das editorial Edicións Dorna.

As persoas seleccionadas recibirán unha copia da antoloxía en formato dixital e unha copia física en caso de atoparse en territorio español.

A cada gañador ou gañadora do concurso faráselle entrega dun certificado individualizado que o acredite, entregado en forma dixital e/o física.

Máis información:
cuentos@mpdl.org 

Movemento pola Paz