Programa de Aceleración de Startups

07 Mai 2024

A Fundación EOI convoca o "Programa de Aceleración de Startups". As axudas en especie do “Programa de Aceleración de Startups” consisten nun servizo de asesoramento individualizado para impulsar o desenvolvemento e crecemento de startups e proxectos innovadores co fin de escalar a súa actividade e modelo de negocio. A duración estimada do programa é de 5 meses. O asesoramento constará de tres fases:
Primeira: programa de formación
Segunda: programa de aceleración
Terceira: conexión co tecido empresarial e networking

As startups e emprendedores innovadores interesados poden elixir entre as modalidades rexional e sectorial do programa:
-«Programas de Aceleración de Startups - Rexional»: desenvolveranse en cada comunidade autónoma, cun enfoque territorial, dirixíndose a startups e emprendedores innovadores de calquera sector situados na mesma. O servizo obxecto das axudas de cada programa rexional adaptarase ás prioridades e necesidades do territorio, os emprendedores e o tecido empresarial.
-«Programas de Aceleración de Startups - Sectorial»: desenvolveranse en cada un dos dez sectores tractores destacados pola Estratexia España Nación Emprendedora, EENE (industria, industrias culturais, musicais ou audiovisuais, mobilidade, saúde, construción e materiais, enerxía e transición ecolóxica, banca e finanzas, dixital e telecomunicacións, agroalimentación e biotecnoloxía). Cada programa sectorial diríxese a startups e emprendedores innovadores de todo o territorio nacional que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade no mesmo. O servizo obxecto das axudas adaptarase ás prioridades e necesidades de cada sector.

Requisitos
Poderán solicitar as axudas tanto as empresas emerxentes como os emprendedores innovadores que conten cun proxecto de emprendemento innovador cun modelo de negocio e escalable e con domicilio fiscal en España.

O prazo de solicitude estará aberto ata que se esgote o crédito.

Máis información
https://www.eoi.es/
https://sede.eoi.es