A exposición 'As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX' pode visitarse dende o 20 de Marzo ao 9 de Abril no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.
Pode verse de luns a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
A entrada é libre e de balde.
Máis infomación:
Colexio de Fonseca
Santiago de Compostela
www.usc.gal
Exposición Tesouros reais na Cidade da Cultura
Obras mestras do Terra Sancta Museum achega á Cidade da Cultura, como único destino en España, un conxunto de obras doadas a Xerusalén polas monarquías máis poderosas de Europa ao longo de medio milenio, como proba do seu poder e devoción.
Elaboradas polos mellores ourives e artistas europeos, foron custodiadas durante séculos, aínda que raramente puideron ser vistas polo gran público.
Datas: Do 22 de marzo ao 4 de agosto 2024
Lugar:
Cidade da Cultura
Edificio Museo Centro Gaiás
s/n CP: 15707
Santiago de Compostela
Máis información:
Teléfono: 881997565
www.cidadedacultura.gal
Exposición '8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo'
A Biblioteca Universitaria inaugura este luns 18 de marzo ás 13.30 horas a exposición '8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo' na Facultade de Filoloxía.
A mostra presenta unha selección de obras escritas por mulleres que mudaron o mundo con palabras; terá carácter itinerante e poderase ver nas distintas bibliotecas da USC.
Tratase dunha mostra que está presente noutras bibliotecas do estado. No caso da USC, fíxose a tradución ao galego e escolléronse as versións na nosa lingua para aquelas obras que contaban cunha edición en galego.
A mostra, que recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a súa realización, desprazarase á Biblioteca Concepción Arenal posteriormente; alí estará do 23 de abril ata o 16 de maio.
Proximamente anunciaranse a data na que se poderá ver nas demais bibliotecas e as actividades relacionadas coa exposición.
Máis información:
O Concello de Reinosa convoca a edición LX das Justas Literarias e a edición LII do Concurso de Contos José Calderón Escalada.
As obras deben ser orixinais, inéditas e escritas en castelán. O poema ou poemario da Justas Lietrarias terá liberdade de metro e rima e unha extensión de entre setenta e cinco e cento cincuenta versos. Os relatos do Consurso de Contos terán cunha extensión de entre noventa e cento oitenta liñas, en letra Times New Roman e tamaño 12.
A presentación das obras poderá realizarse mediante envío postal ao enderezo Biblioteca Pública “Sánchez Díaz” Ayuntamiento de Reinosa Plaza de España, 5 -39200- Reinosa (Cantabria) ou por correo electrónico ao enderezo biblioteca@aytoreinosa.es indicando no asunto "Para las XL Justas Literarias" ou "Para el Concurso de Cunetos LII José Calderón Escalada".
Requisitos
Poderán presentarse escritores de calquera nacionalidade.
Dotación
Para cada un dos certames establécese un premio único de 3.250 €
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 15 de xuño de 2024.
Máis información
https://www.aytoreinosa.es
O Concello de Outes organiza unha edición do certame de poesía en lingua galega.
Requisitos:
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos
Categorías:
Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos.
Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos.
Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos.
Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.
Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Categoría F: Maiores de 18 anos, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos.
Premios:
Categoría A: 1º Clasificado: Vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
Categoría B: 1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Categoría C: 1º Clasificado: Vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Categoría D: 1º Clasificado: Vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Categoría E:1º Clasificado: Vale de 450 € e publicación da obra galardoada.
Categoría F:1º Clasificado: Vale de 1300 € e publicación da obra galardoada.
Prazo de inscrición: ata o 1/04/24
Páxina web:www.outes.gal
Contacto:
Concello de Outes
Casa da Cultura: Avda. de San Campio, 1 (15230 - Outes)
Tel.: 981 850 003
correo-e: concello@outes.gal
A empresa de aloxamento universitario UNIBOOKING convoca ao 1º Certame Literario Internacional de Relato Curto David Beriain 2022. Un concurso que nace cunha vocación de periodicidade anual e está aberto a todos aqueles estudantes que estean matriculados na universidade ou centro de ensinos artísticos superiores, sen importar a súa nacionalidade.
O obxecto do concurso é fomentar a creatividade literaria e a cultura entre os mozos universitarios e promover os valores que representa a figura de David Beriain, como son a tenacidade, a humildade e a valentía.
Bases
Prazo de admisión: Ata o 30 de xaneiro ás 23h59
Poden participar: persoas de 18 a 25 anos cursando estudos superiores
Temática: Os Tempos Cambian
Extensión: 2 a 6 páxinas
Formato: PDF (non se aceptarán outros formatos)
Estilo: mecanografado, a dobre espazo, en tamaño de folio Din A4, con marxes xustificadas de 2 cms. a dereita e esquerda e tipo de fonte exclusivamente Times New Roman, Arial ou Garamond en tamaño de fonte 12.
Só se aceptarán os relatos entregados a través do formulario oficial.
Premio: 750€
Requisitos
Poderá participar calquera estudante universitario que estea matriculado nunha universidade, sen importar a súa nacionalidade, salvo os gañadores de edicións anteriores. As obras que se presenten deberán ser inéditas, orixinais e non premiadas noutros certames literarios.
Dotación
1º Premio que recibirá como premio a cantidade de 750€ en metálico.
2º e 3º premio, cuxos relatos, xunto co do gañador, serán publicados nun fanzine que se presentará en rolda de prensa. Realizarase unha tirada do fanzine de 2.000 unidades que se poñerán á venda por 5€. Os beneficios destinaranse á ONG Reporteiros sen Fronteiras.
Bases da convocatoria | Formulario de inscrición | hello@unibooking.es
O Concello da Coruña pon en marcha o 25 de novembro “Deporte para a igualdade”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A programación componse de sete charlas e unha mostra fotográfica que teñen como obxectivo poñer en valor o deporte feminino da cidade, tanto ás mulleres deportistas como aquelas entidades que traballan a inclusividade e a igualdade no deporte.
A programación desenvólvese do día 25 de novembro de 2022 ata o 03 de decembro de 2022, entrada libre ata completar aforo.
Ciclo de charlas
25 de novembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Pioneiras"
28 de novembro, ás 16.30 h no Fórum Metropolitano: "Elite"
29 de novembro, ás 17.15 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Persoal técnico"
30 de novembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Clubs deportivos"
1 de decembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Medios de comunicación"
2 de decembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Arbitraxe"
3 de decembro, 11.30 h no Fórum Metropolitano: "Deportistas con discapacidade"
Mostra fotográfica "Deporte para a igualdade": o Fórum Metropolitano acolle esta exposión con máis de 40 fotografías protagonizadas por mulleres deportistas coruñesas en diferentes disciplinas deportivas
Máis información
Servizo Municipal de Deportes
Tel.: 981 18 98 00
www.facebook.com/acorunadeportes
O IX Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga ,así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 23 de decembro de 2022
Requisitos
Deberá estar escrito en ordenador, para o seu envío por correo electrónico.
En caso de non entender a tipografía, poderá ser motivo de descarte.
A temática ten que ser sobre a seca e como o consumo responsable da auga pode contribuir a mellorar a situación.
Valorarase a presenza no relato curto dalgún sinal de identidade da cidade ou núcleo de poboación das persoas participantes, así como o coidado da gramática e da ortografía.
Remuneración
Entregaranse vales por valor de...
1º premio: 150 euros.
2º premio: 75 euros.
3º premio: 50 euros.
As persoas que resulten gañadoras poderán utilizalo no comercio local para produtos deportivos, de papelería/libraría ou tecnolóxicos. O centro educativo que presente maior número de relatos recibirá un lote de libros sobre a auga e o medioambiente, ou mención especial que determine a empresa.
Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos e de Formación Profesional situados nos municipios nos que a empresa presta o servizo de subministración de auga.
Máis información
Premios do Festival Europeo para proxectos xuvenís en festivais.
As solicitudes para os 12º Premios do Festival Europeo están abertas ata o 20 de novembro. Solicite hoxe o premio IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD.
Os Premios do Festival Europeo regresan para a tempada 2022 e hai moito que celebrar. Festivais novos e antigos, formacións espectaculares, experiencias inesquecibles, activacións e innovacións excepcionais, así como a simple alegría de ver música en vivo no escenario de novo.
Sen dúbida, existe unha conexión especial entre os festivais e a mocidade participante. Dado que 2022 é o Ano Europeo da Mocidade, YOUROPE e a Asociación de Festivais Europeos (EFA) presentan un premio exclusivo IMPOSIBLE SEN MOCIDADE (IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD). Honra as accións, proxectos, desenvolvementos e iniciativas relacionados coa mocidade nos festivais en relación con:
- Activismo xoven
- Proxectos Artísticos mozos
- Desenvolvementos de equipos mozos
- Mocidade innovadora
Esta categoría especial está aberta para festivais de todo tipo e os seus equipos. Pero tamén para mozos/as artistas, organizacións xuvenís, ONG xuvenís, mozos e mozas innovadores.
Seleccionados por un xurado de expertos, os gañadores/as serán homenaxeados na 12ª edición dos Premios do Festival Europeo que terá lugar no Festival Eurosonic (ESNS) o 18 de xaneiro de 2023 en Groningen, Países Baixos.
O premio IMPOSSIBLE SEN MOCIDADE é o gran final da contribución da Asociación Europea de Festivais e YOUROPE ao Ano Europeo da Mocidade chamado #ImpossibleWithoutYouth e apoiado por festivais en toda Europa.
As solicitudes para a categoría IMPOSSIBLE WITHOUT YOUTH AWARD pódense enviar como moi tarde o 20 de novembro á seguinte ligazón: https://yourope.org/impossible-without-youth-award/.