Manual da ERYICA para técnicos de Información Xuvenil

27 Nov 2023

ERYICA, a Axencia Europea de Información Xuvenil da que Galicia forma parte, vén de publicar unha guía de utilidade para profesionais do eido da información xuvenil: "Dinámicas entre iguales o pares en el ámbito de la información juvenil"

Este documento pretende axudar a deseñar e implementar proxectos de educación entre iguais baseándose en exemplos de boas prácticas.