Tarxeta Xente Nova durante o ano 2024

15 Nov 2023

A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas EN TODA GALICIA!!! 

Ampliase o prazo para utilizala a todo o ano 2024.

Quen a pode utilizar? Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

En que liñas de transporte se pode usar? Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. 

tarxetaxentenova

Como conseguila?
Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.

Como recargala?
En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.

Como viaxar con ela?
Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de Abanca e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.

Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal ou no teléfono 988 687 800

Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova