Correspondentes Xuvenís do IES Castro Alobre de Vilagarcia de Arousa

14 Nov 2023

Os/as Correspondentes Xuvenís do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa xa empezaron a desenvolver o seu labor neste curso con varias actividades vencelladas á celebración do Samaín:WhatsApp Image 2023 10 31 at 19.05.25

 

-Un grupo colaborou con Tegra Gómez, Dinamizadora Cultural no Espazo Xove de Vilagarcía, na organización dun Escape Room que fixo pasar moito moito medo aos/ás participantes. Ademais de axudar no deseño das probas, publicitaron o evento entre a rapazada e colaboraron activamente nese día.

 

-Outro grupo organizou no día 31 de novembro unha festa para mostrar unha parte da nosa cultura que é común a todas as outras que están presentes no IES Castro Alobre e da única que non podemos escapar: A MORTE. Este feito súfrese e celébrase de maneira moi diferente nas distintas culturas e os/as correspondentes aproveitaron este feito, a súa parte festiva, para convidar a todo o alumnado doutras comunidades culturais a expoñer as súas tradicións e a que coñezan as nosas. Froito deste encontro elaboraron un vídeo que recolle aspectos moi interesantes sobre a morte noutras comunidades culturais.

https://www.instagram.com/correspondentescastro/