En portada (1171)

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A sexta parada desta programación será en Sarria o sábado 11 de febreiro de 16:00 h a 21:00 h na zona recreativa do Chanto.
Contará coa actuación da Asociación Cultural Meigas e Trasgos ás 20:30 h.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude promove o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

O obxectivo que se persegue é crear un órgano específico para a participación activa da infancia e adolescencia onde os nenos, nenas e adolescentes adquiran un protagonismo real, colaborativo e voluntario, fomentando o desenvolvemento das súas capacidades e a asunción de responsabilidades, para a promoción do diálogo entre o Consello e a Administración pública.

O Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia é un órgano colexiado consultivo e de participación, cuxo fin é articular a intervención dos nenos, nenas e adolescentes, facilitándolles un espazo para que expresen, propoñan ideas e tomen decisións no ámbito autonómico sobre aquelas cuestións que os afecten directa ou indirectamente.

As funcións do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia son as seguintes:

a) Exercer de órgano de participación de todas as persoas menores de idade residentes en Galicia.

b) Representar os intereses e puntos de vista de nenos, nenas e adolescentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Involucrar a infancia e a adolescencia na toma de decisións que as afecten, promovendo a súa participación.

d) Recibir e escoitar todas aquelas demandas, propostas e queixas que lle fagan chegar os nenos, nenas e adolescentes e canalizalas a través dos seus representantes no Consello.

e) Trasladar as opinións, as necesidades, os intereses e as inquietudes da infancia e adolescencia á Xunta de Galicia.

f) Ser receptor, dinamizador e xerador de opinións e propostas entre os nenos, nenas e adolescentes, exercendo de canle de comunicación entre as nenas e os nenos de Galicia e as autoridades locais, velando para que as súas achegas sexan valoradas e tidas en conta á hora de facelas chegar ao Goberno autonómico.

g) Solicitar información e ser consultado sobre as actuacións da Xunta de Galicia relativas a temas de interese para a infancia e a adolescencia. Os informes emitidos terán carácter facultativo e non vinculante.

h) Realizar propostas aos organismos competentes en materia de infancia e adolescencia sobre cuestións que afectan nenos, nenas e adolescentes e para mellorar as súas condicións de vida. As propostas, en forma de recomendacións, recollerán a pluralidade dos/das participantes, tendo en conta a equidade, a diversidade e a perspectiva de xénero.

i) Manter canles de comunicación directa co Observatorio Galego da Familia e da Infancia e coa Administración pública.

j) Realizar o seguimento da execución das propostas recomendadas que fosen aprobadas pola Xunta de Galicia.

k) Favorecer a visión positiva dos nenos, nenas e adolescentes e contribuír á sensibilización social cara á súa capacidade e os seus dereitos de cidadanía, en especial a súa participación democrática.

l) Velar polo cumprimento e despregamento da Convención sobre os Dereitos do Neno.

m) Propoñer informes e estudos propios sobre materias relacionadas coa infancia e a adolescencia. Favorecer especialmente estudos de impacto das actuacións que se realicen a favor da participación infantil nos diversos ámbitos como da protección á infancia, da diversidade funcional, de xénero, entre outras do seu interese.

n) Propoñer a realización de actividades, xornadas, seminarios e campañas que fagan visibles as achegas de nenos, nenas e adolescentes na sociedade.

ñ) Promover o asociacionismo infantil e adolescente e, en xeral, a participación democrática, así como as relacións, a coordinación e o dinamismo entre as entidades infantís como as asociacións, os consellos locais de infancia, entre outros, e as dirixidas á infancia.

o) Facilitar a participación de nenos, nenas e adolescentes noutros órganos consultivos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

p) Difundir o seu traballo e garantir a representación de nenos, nenas e adolescentes noutras plataformas, organismos do ámbito local, autonómico, estatal e internacional.

q) Promover a creación dos consellos de participación local e doutros consellos para dar a oportunidade aos nenos, nenas e adolescentes de participaren activamente e plenamente nos seus núcleos de convivencia máis inmediatos e na vida social, política, cultural, artística e recreativa da súa contorna.

r) Participar na elaboración, seguimento e avaliación das políticas públicas promovidas pola Xunta de Galicia e dirixidas á infancia e a adolescencia e noutras que a poidan afectar.

s) Reflexionar sobre os mecanismos de participación ao alcance dos nenos e nenas e propoñer os cambios e melloras pertinentes, se é necesario.

t) Fomentar a aprendizaxe mutua entre os axentes que toman parte no proceso de participación.

u) Promover consultas dirixidas a outros órganos de participación infantil de ámbito municipal, nacional e europeo.

v) Elaborar e/ou modificar o seu regulamento de réxime interior.

x) Outros aspectos que poidan propoñer os propios nenos, nenas e adolescentes.


DECRETO 12/2023, do 19 de xaneiro, polo que se crea e regula o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou unha nova iniciativa para incrementar as vantaxes da xuventude a través do Carné Xove. A Xunta asinou un convenio de colaboración con Gadis para ofrecer sorteos mensuais a mozos de entre 18 e 30 anos, aos que poderán optar con cada compra nalgún dos seus supermercados.

A mocidade galega poderá optar a vales de compra por valor de 300 euros, teléfonos móbiles ou estadías en aloxamentos, entre outros. O único que precisan é descargar a aplicación móbil de Gadis e incluír o seu Carné Xove para participar nestes sorteos. Deste xeito, a Xunta segue a incrementar as vantaxes do Carné Xove que nestes momentos conta con máis de 1.400 establecementos adheridos.

Fabiola García lembrou que nos últimos anos o Goberno galego mellorou o Carné Xove ao convertelo en 100% gratuíto e con vixencia indefinida para os 400.000 mozos de entre 12 e 30 anos da nosa Comunidade. Ademais, fóronse incrementando as vantaxes das que se pode beneficiar a mocidade en toda España e tamén en países europeos como descontos en establecementos turísticos, no comercio local e os descontos tradicionais en cines, museos ou librarías.

https://carnexove.xunta.gal/gl

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2023, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Áreas de atención prioritaria:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.
c) Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.
d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
f) Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector TIC.
g) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.
h) Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.
i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
j) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación.

Requisitos:
- As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude.
- Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
- Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.

Proxectos:
- O orzamento total do proxecto que presenten as persoas solicitantes non poderá ser superior a 5.000 €.
- Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes son competentes para impartir a dita formación.
- Calquera das actividades desenvolvidas serán de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.
- As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberán realizarse de forma directa pola entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.
- Non serán subvencionables as actividades que consistan na celebración de concertos ou festas, excepto cando estas formen parte dos proxectos e iniciativas xuvenís subvencionables cunha entidade menor no seu conxunto.

Neste enlace podes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2023.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2023.

Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2023 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A quinta parada desta programación será en Cee o sábado 4 de febreiro de 16:00 h a 21:00 h na Praza do Mercado. Contará coa actuación de Alex Castro.

 

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A terceira parada desta programación será en Monterroso o sábado 28 de xaneiro de 16:00 h a 21:00 h na Cúpula Monterroso.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Lecer educativo: fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A terceira parada desta programación será en Vimianzo o domingo 22 de xaneiro de 16:00 h a 21:00 h na Praza do Concello. Contará coa actuación da Asociación Cultural Trubisquiña.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Lecer educativo: fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo

O presidente da Xunta destaca que as axudas do goberno galego financiadas con fondos europeos para que a xuventude obteña o carné de conducir xa beneficiaron a preto de 4.000 mozos nos últimos anos. Nunha visita á Autoescola Grupo San Martín de Culleredo, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o mandatario galego subliñou que as achegas van dos 400 aos 1.300 euros para os permisos de coche, camión ou autobús.

Son moitas as motivacións para obter o carné, sexa por autonomía, como unha inversión de futuro ou para acceder ao mercado laboral. De feito, o presidente da Xunta subliñou que “é un requisito case imprescindible para optar a moitos postos de traballo”. Sabendo da importancia deste permiso para a mocidade galega, a Xunta xestiona unha liña de axudas europeas que financian o 50% do custo medio da súa obtención. Desta maneira, uns 3.800 menores de 30 anos recibiron unha achega para sacar o carné nos dous últimos anos.

Perante o éxito desta iniciativa, Alfonso Rueda avanzou que o Goberno galego incrementará o orzamento destas axudas en próximas convocatorias. Ademais, ata o momento o investimento nestas tres edicións do programa foi de 2,2 millóns de euros. Sobre a última, que aínda está en resolución, o presidente da Xunta indicou que xa se recibiron case 4.000 peticións, das que a metade xa están tramitadas.

As contías serán de 400 euros para o carné de coche, 650 para o de camión e 1.300 para o do transporte de pasaxeiros, tendo en conta que, como novidade, na última convocatoria incluíuse tamén a financiación do carné de autobús.

Disneyland París ofrece desconto aos usuarios con Carné Xove nos diferentes tipos de entradas dispoñibles (tarifa Eco, Low, Medium, Medium Plus, Regular ou Peak).

 

Toda a información sobre as opcións de desconto, así como sobre a compra de entradas, pódese consultar na seguinte páxina web: https://cartejeunes.fr/disneyland-paris/

 

Para poder comprar as entradas, as persoas usuarias do Carné Xove non francesas que xa teñan conta no sitio web deberán, simplemente, acceder á súa conta coas súas credenciais e engadir ao carriño as entradas. Se o usuario non está rexistrado na web, basta con que envíe un email a info@cartejeunes.fr co asunto "rexistro na web", xuntando unha foto do seu carné xove, ou ben indicando Nome, Apelidos e o nº EYCA, e recibirán un correo de volta coas credenciais. (Importante: Cando un usuario do carné teña a tarxeta de modalidade financeira, por favor, teña coidado e tape o nº da tarxeta por seguridade).

 

A compra das entradas faise na seguinte ligazón: https://cartejeunes.fr/categorie-produit/parc-dattractions/. Para poder realizar a compra é necesario rexistrarse antes na páxina web (punto anterior).

 

As entradas enviaranse por email nun prazo máximo de 24h laborables desde a compra. Unha vez adquiridas, os responsables do Carné Xove francés poñeranse en contacto co usuario para confirmar o día no que quere visitar o parque e facilitar o rexistro de visita.

 

Pódense adquirir tantas entradas como se queira, pero sempre irán a nome do usuario con Carné Xove. É importante ter en conta que unha vez adquirida a entrada cunhatarifa determinada, esta non se poderá trocar por outra de tarifa diferente. Si está permitido o troco dun billete da mesma tarifa para outra data. Ao longo do ano, as tarifas poden ir variando segundo a afluencia de visitas ao recinto.

 

Para calquera outro tipo de dúbida, as persoas usuarias sempre poden contactar co servizo de atención ao cliente de Disneyland Paris: https://www.disneylandparis.com/fr-fr/my-disneyland/contactez-nous/

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiron hoxe na Estrada á inauguración do novo programa de lecer e educación non formal posto en marcha pola Xunta de Galicia para celebrar e poñer en valor o Día da Xuventude.

Este novo programa, ao abeiro do Plan Corresponsables, conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.

Cristina Pichel explicou que a Estrada será a primeira parada desta programación, que ata o mes de abril recalará nunha trintena de localidades diferentes das catro provincias galegas. Así, subliñou que con esta iniciativa “ofrécense alternativas de ocio educativo saudable totalmente gratuítas, nas que non só se busca que a mocidade o pase ben, senón que tamén aprenda e desenvolva novas competencias”.

En cada un dos municipios a xuventude contará cun gran abano de actividades gratuítas como xogos educativos de gastronomía, futbolín humano, tiro con arco, obradoiros medioambientais, habilidades de empregabilidade. Ademais diso, tamén contarán con información xuvenil así como con postos de concienciación sobre a igualdade de xénero.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor recursos como o hoxe estreado na Estrada e que contarán con presenza en 30 concellos para “ofrecer alternativas de conciliación e espazos de coidados ás familias”. Tal e como recalcou, a iniciativa enmárcase no conxunto de actuacións que Galicia desenvolve do Plan Corresponsables de xeito transversal e que supón un punto e seguido nas políticas de impulso á conciliación e corresponsabilidade que vén desenvolvendo a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e á que destinará en 2023 un total de 14,6 millóns de euros.