Día da Xuventude en Sarria

09 Feb 2023

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A sexta parada desta programación será en Sarria o sábado 11 de febreiro de 16:00 h a 21:00 h na zona recreativa do Chanto.
Contará coa actuación da Asociación Cultural Meigas e Trasgos ás 20:30 h.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo