Participa no premio especial Carné Xove Xuventude Crea 2022

17 Dec 2022

A Consellería de Política Social e Xuventude, no marco da gala de entrega de premios do Xuventude Crea 2022, que ten lugar o sábado 17 de decembro no Tinglado do Porto de Vigo, pon en marcha un premio especial vinculado ao Carné Xove. O obxectivo deste concurso é abrir unha fase de votación do público, que poderá elixir, entre todas as obras premiadas nas diferentes disciplinas do programa Xuventude Crea desta edición, cal é a súa favorita.

O citado concurso iniciarase ás 18.00 horas do día 17/12/2022 e finalizará ás 11.59 horas do día 19/01/2023. Ten a seguinte mecánica:

  • A organización do concurso publicará en Easypromos unha galería de candidaturas conformada polas persoas premiadas nas diferentes categorías do certame Xuventude Crea.
  • O acceso a esta galería realízase a través desta ligazón: https://pr.easypromosapp.com/p/947966 
  • A candidatura gañadora será aquela que consiga máis votos no prazo estipulado. No caso de empate realizarase un sorteo entre estas candidaturas para determinar cal é a gañadora.
  • As persoas titulares das diferentes candidaturas poden facer uso das súas redes sociais para incentivar o voto á súa candidatura.Para votar os usuarios necesitan rexistrarse vía correo electrónico.

A candidatura gañadora obterá como premio un vale de 100€ para gastar en calquera dos establecementos adheridos ao Carné Xove. A persoa gañadora do sorteo entre os votantes obterá como premio un pack de regalos publicitarios de Carné Xove.

Consulta as bases nas seguintes ligazóns (Versión galego / Versión castelán).