3 IMAXE WEB

Acción de Verán

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O teu mellor verán, a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:


    • Campamentos en Galicia.
    • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
    • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
    • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
    • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
    • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
    • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos (novo)
      
Serán, en total, 11.533 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 

ÁREAS DE PARTICIPACION

 

1. CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración (catorce días no intercambio en Cantabria) durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.

A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para o 16 de abril.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.

Forma de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

Códigos dos procedementos para o buscador da Sede (segundo o tipo de solicitude):

ANEXO II -Solicitude individual. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303A
ANEXO III- Solicitude múltiple. Procedemento xeral:  CÓDIGO  BS303F
ANEXO IV-Solicitude individual. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303G
ANEXO V- Solicitude múltiple. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303H

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.

 

Máis información:
      
    • Condicións xerais (servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cota, protección de datos)
    • Campamentos na Coruña
    • Campamentos en Lugo
    • Campamentos en Ourense
    • Campamentos en Pontevedra
    • Campamentos noutras comunidades autónomas
    • Anexos
    • Consulta de solicitudes
    • Consulta o número de expediente
    • Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia: Galego | Castelán

Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.

 

SORTEO:
O sorteo público terá lugar o día 20 de maio, ás 12.00 horas, na sala de prensa da Consellería de Emprego, na 3ª planta das dependencias desta consellería, no Complexo administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

 

2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO 2024

Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

A oferta de campos de voluntariado está composta por:

  • Campos de voluntariado en Galicia (CONVOCATORIA PECHADA).
  • Campos de voluntariado noutras CCAA (CONVOCATORIA ABERTA).
  • Campos de voluntariado no estranxeiro (CONVOCATORIA ABERTA).

Máis información:

 

2.1. Campos de voluntariado en Galicia

Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:

1ª CONVOCATORIA

Prazo de solicitude: día Do 17 o 30 de abril. A apertura do formulario de solicitude, que estará dispoñible nesta web, será ás 9:00 horas do 17 de abril.

Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, entre os que se lle asignará un deles, de ser o caso. Cómpre lembrar que as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

2ª CONVOCATORIA

Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. O día e hora de apertura deste novo prazo será comunicado na propia web.

Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.

boton consulta solicita

2.2. Campos de voluntariado no estranxeiro

Apertura do prazo de solicitude: 29 de febreiro, ás 9:00 h. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotar as prazas.

AVISO IMPORTANTE: A proposta de campos de voluntariado no estranxeiro procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo (en diante Alianza). Galicia participa na Alianza a través da representación que asume o Instituto de la Juventud de España (en diante, INJUVE), que é membro de pleno dereito da organización, en representación das comunidades e cidades autónomas de España. A Xunta de Galicia non ten competencia nin responsabilidade na organización dos campos de voluntariado no estranxeiro que se ofertan pola Alianza. Esta organización compete ás respectivas organizacións internacionais (membros da Alianza) promotoras dos distintos campos no estranxeiro. En consecuencia, a Xunta de Galicia non é responsable dos posibles incumprimentos ou cambios que a entidade estranxeira organizadora decida facer na súa programación nin dos conseguintes gastos que se poidan derivar, e no caso de calquera incumprimento ou deficiencia na prestación do servizo, deberá reclamarse directamente á asociación ou entidade estranxeira organizadora do campo. No obstante, desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (e desde o INJUVE), como intermediarios entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo campo, estaremos á túa disposición para axudarche na reclamación.

ollo

Por tanto, antes de facer a túa solicitude, consulta aCONDICIÓNS de participación.

COTA DE PARTICIPACIÓN

A cota de participación é de 110€ (82,50€ no caso de acollerse a algún dos descontos).

Descontos (non acumulables):

  • Carné xove: -25% na cota de participación.
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación.
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación.
  • Familia de acollida: -25% na cota de participación.

Esta cota de participación inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Lembra que, se es titular de Carné xove (debidamente activado), co teu carné tes asociado un seguro de asistencia en viaxe. Podes consultar toda a información en: carnexove.xunta.gal 

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria.
  • A cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira.

exclamacion

Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou COTA EXTRA que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á CHEGADA O CAMPO, salvo indicación contraria. Esta cota extra que aplican discrecionalmente algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado.

ACLARACIÓN: as persoas galegas que soliciten un campo de voluntariado da organización armenia HUJ, estarán exentas de pagar a cota extra especificacada para os seus campos.

 

 

COMO SOLICITAR A TÚA PRAZA

A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

ADXUDICACIÓN DE PRAZA

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

IMPORTANTE:

  1. Unha vez adxudicada a praza recibirás un correo electrónico coas instruccións para o pagamento da cota de participación e para formalizar a inscrición máis toda a documentación que deberás presentar cuberta e asinada no prazo de 2 días hábiles que contarán desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.
  2. Toda a documentación deberase enviar por correo electrónico ao enderezo: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
  3. Unha vez recibida e revisada esta documentación, confirmaremos por correo electrónico a súa validación e polo tanto a finalización do proceso de inscrición. A partir deste momento poderás considerarte correctamente inscrito/a.

exclamacionRECOMENDAMOS esperar a recibir este correo electrónico antes de xestionar a compra das pasaxes necesarias para chegar ao punto de encontro.

Se xurdira un imprevisto que che impida participar no campo de voluntariado deberás comunicar a renuncia o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutra persoa nese campo. Correo electrónico: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Hai que ter presente que a NON comunicación dunha renuncia impedirá a participación doutras persoas que poideran estar interesadas.

RECOMENDACIONS

Á hora de realizar unha viaxe ao estraxeiro, recomendámosche consultar os seguintes apartados do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e do Ministerio de Sanidade:

boton consulta solicita

2.3. Campos de voluntariado noutras CCAA

1ª Convocatoria

O prazo desta convocatoria abre o día 2 de maio, ás 9:00 h. e pecha o día 24 de maio, ás 14:00 h.

Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado nesta convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.

A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.

2ª Convocatoria ou repesca

Unha vez pechada a 1ª convocatoria o programa prevé, para os campos noutras CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos.

O prazo para solicitar en 2ª convocatoria as prazas para os campos noutras CCAA comezará o 4 de xuño ás 10:00h. Este prazo permanecerá aberto permanentemente ata esgotar as prazas ou ata 5 días antes do inicio do campo.

O procedemento de solicitude será o mesmo que o establecido para a 1ª convocatoria, en liña, no enlace dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. As persoas interesadas poderán consultar a oferta para esta 2ª convocatoria na web xuventude.xunta.es, no apartado de REPESCA de campos noutras CCAA, onde se irá actualizando a lista de prazas e campos de voluntariado dispoñibles.

boton consulta solicita

3. PROGRAMA "COÑECE GALICIA": minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

A información deste programa estará dispoñible nas vindeiras semanas.

4. CESIÓN DE USO DE INSTACIÓNS XUVENÍS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE (Só para entidades ou grupos non asociados)

Mediante esta convocatoria  preténdese articular a utilización das instalacións xuvenís da Xunta de Galicia, co obxecto de facilitarlle á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro, dentro da programación da Campaña de verán 2024, conscientes de que as asociacións xuvenís, as entidades que desenvolven actividades para a xuventude e os grupos de persoas mozas non asociadas destinatarios da convocatoria, non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para  tales fins.

Con este fin, a Xunta de Galicia oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 17 de xuño e o 10 de setembro.

A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para o 16 de abril.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles, desde o 17 ao 25 de abril.

Forma de presentación das solicitudes: 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

Código do procedemento para o buscador da Sede: BS304A

Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia: Galego | Castelán

 

 

5. ACTIVIDADES DE OCIO ALTERNATIVO PARA MAIORES DE 18 ANOS (novo)

Este novo programa, que promoverá un ocio educativo, alternativo e saudable, está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos. Terá lugar en cinco instalacións de toda Galicia, en quendas de xoves a domingo, concretamente nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz-Balneario e no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).

A información deste novo programa estará dispoñible proximamente.