Campos de voluntariado: cota de participación

 

 Cota:

campoTraballo54

Hai dous tipos de cota:

  • Nos campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro a cota e participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos).
  • Nos campos de voluntariado noutras CCAA a cota de participación é fixada pola comunidade autónoma correspondente. Os prezos pódense consultar no cadro de oferta de prazas.

A cota aboada para participar nos campos de voluntariado inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias), así como o seguro médico.

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade que correrán a cargo da persoa voluntaria.

 

 Descontos:

Os descontos aplicables (non acumulables) aos campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro serán:

  • Carné xove: -25% na cota de participación
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación.

En ningún caso os descontos aplicables serán acumulables. Así, a cota de participación será de 82,50€ no caso de ser aplicable algún destes descontos.

 Pagamento dos campos en Galicia e no estranxeiro:

O pagamento da cota de participación farase mediante impreso de taxa. No correo electrónico de comunicación da adxudicación da praza enviaranse as instrucións para facer o pagamento. O prazo para facer efectivo este pagamento e remitir toda a documentación de inscrición é de 2 días hábiles dende a recepción do correo-e de adxucicacion da praza.

 Cota extra:

Existen algúns campos de voluntariado no estranxeiro que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que se deberá satisfacer, salvo indicación contraria, Á CHEGADA AO CAMPO (ver na información de cada campo).

 

 

 Pagamento dos campos noutras CCAA:

Nos campos de voluntariado nas CCAA o pagamento da cota de participación farase mediante ingreso na conta bancaria que se indicará no correo electrónico de confirmación da praza. Non obstante, hai campos de voluntariado con impreso de pagamento propio, que será remitido tamén ao correo electrónico trala inscrición e que se pode consultar a continuación:

Instrucións para o pagamento en campos con impreso propio:

Cantabria: no apartado "Descrición", deberá figurar o nome e os apelidos da persoa participante, a denominación e a data do campo de voluntariado.

Estremadura: Datos para cubrir o impreso:

  • Na páxina de inicio: "OTROS"
  • Órgano xestor: 17. Igualdad y Portavocia;
  • Concepto: 171053 - Prest. Serv. Campamentos, albergues y campos de trabajo.

Andalucía: Datos para cubrir o impreso:

  • Marcar o cadro de autoliquidadación.

  • Indicar o nome do campo, data e lugar de realización.

  • Cubrir a data de devindicación (día no que se realiza o pago) e a cota (90€).

  • Código Territorial: no despregable, sinalar Instituto Andaluz de la Juventud

  • Código Provincia: S.S.C.C (elixir o único que hai)

  • Código Centro: SERV. CENTRALES I.A.J. (elixir o único que hai)

  • Concepto do pago: no despregable sinalar "Campos de servicio voluntario para jóvenes (0140)"

Euskadi: enviarase por correo electrónico o enlace para cubrir a súa carta de pagamento.

 Devolución da cota:

Nos campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro só se devolverá a cota de inscrición nos seguintes supostos:

a) Anulación da actividade ou non prestación do servizo por causas non imputables á persoa interesada.

b) Ingreso hospitalario ou causa médica grave que afecte á persoa interesada e lle impida incorporarse ao campo, o que deberá acreditarse con informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresada..

c) Falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

d) Abandono da actividade por calquera dos motivos recollidos na letra b), sempre e cando non transcorrera máis do 50% dos días de duración do campo.

No caso de concorrencia dalgunha destas causas, pode comunicarse a renuncia e solicitar a devolución mediante este Impreso de devolución de cota (para campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro).

O impreso debe remitirse ao mesmo correo electrónico de remisión da documentación:

No caso de campos de voluntariado noutras CCAA, a devolución da cota estará suxeita ás condicións que cada unha estableza ao respecto.

Estas condicións pódense consultar na oferta de prazas das distintas comunidades autónomas.

A solicitude de devolucion de taxa hai que remitila directamente á Comunidade Autónoma promotora do campo de voluntariado ou a camposdetraballo.xuventude@xunta.gal