Campos de traballo: Documentación para entregar

Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da documentación.

campoTraballo34

O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico. A documetación poderá presentarse:

  • No rexistro da Consellería de Política Social, sito no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro en Santiago de Compostela,
  • Nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social,
  • Por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, dentro deste mesmo prazo de 2 días háblides, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación que a continuación se relaciona ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

Importante:

exclamacion De incumprir o prazo de 2 días hábiles, perderase o dereito a participar no campo de voluntariado asignado, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.

 

 DOCUMENTACIÓN:

Campos de voluntariado en Galicia

  1. Folla de inscrición (orixinal) debidamente cuberta e asinada.
  2. Xustificante (orixinal) de pagamento da cota.
  3. Fotocopia do NIF (só no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  4. Fotocopia do carné xove, do título de familia numerosa ou o certificado de familia monoparental (no caso de acollerse ao correspondente desconto e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  5. Certificado de discapacidade (para inscicións pola quenda de persoas con discapacidade e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  6. Ficha de saúde.


Campos de voluntariado no estranxeiro

  1. Folla de inscrición (orixinal) en campos de voluntariado no estranxeiro.
  2. Folla de inscrición (orixinal) en campos de voluntariado en Galicia.
  3. Xustificante (orixinal) de pagamento da cota.
  4. Fotocopia do NIF (só no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  5. Fotocopia do carné xove, do título de familia numerosa ou do certificado de familia monoparental (no caso de acollerse ao correspondente desconto e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  6. Certificado negativo de delitos sexuais ou de boa conduta, no campo de traballo que o esixa.
  7. Ficha de saúde.


Campos de traballo noutras CCAA

  1. Folla de inscrición (orixinal) debidamente cuberta e asinada.
  2. Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome da persoa participante, código, nome e data do campo. Algunha comunidade autónoma ten un modelo de pagamento propio (consultalo no apartado de cota de participación).
  3. Fotocopia do NIF (só no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  4. Certificado negativo de delitos sexuais ou de boa conduta, no campo de traballo que o esixa.
  5. Ficha de saúde

Últimas novas