imaxe campana

Oferta de campos de voluntariado en Galicia, 2023

boton Solicita

 

A CORUÑA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

150001 Ali, Xaz Ponteceso A Coruña 28/08/2023
08/09/2023
18-30 15 GALICIA  Campo medioambiental e etnográfico que se desenvolverá na aldea do Couto (Ponteceso). Colaboraráse nas actividades do programa cultural Encrucilladas, da Fundación Eduardo Pondal e na organización das actividades da veciñanza da A.C. Monte Branco, do Couto. Ademais, investigaranse os elementos etnográficos da vila do Couto, colección de patrimonio oral, etc.
150002 Luces de Boimorto  Boimorto A Coruña 17/08/2023
28/08/2023
18-30 15 GALICIA

Neste campo colaborarase na organización e posta en marcha do “festival da Luz" que se vén desenvolvendo en Boimorto dende o ano 2012 con fins solidarios, tanto nos días previos como durante o propio festival, permitindo que o voluntariado poida desfrutar da experiencia única de vivir un festival de música desde dentro.

150003 Lembrado a nosa pegada Serra de Outes A Coruña 15/07/2023
26/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo arqueolóxico e patrimonial que traballará na identificación, catalogación e estudo do pasado do conxunto de dolmens do Alto das Mámoas, contribuíndo á súa posta en valor. Realizaranse actuacións de sinalización, limpeza, estudo e investigación arqueolóxica, creación de revista dixital, etc.
150004  Arboretum Mesía A Coruña 15/07/2023
26/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo de natureza medioambiental centrado na posta en valor de Arboretum, un xardín botánico con máis de 300 especies catalogadas, desenvolvendo labores de conservación e posta a punto, deseño de carteis informativos, creación dun mural colectivo, deseño de actividades interxeracionais, etc.
150005 Vilarbó As Pontes A Coruña 15/07/2023
26/07/2023
18-30 15 GALICIA O obxectivo principal deste campo de voluntariado ambiental é a custodia do territorio mediante a conservación e a recuperación das fragas e o bosque de ribeira no entorno do río Eume e a divulgación das Fragas Atlánticas de Vilarbó, para que xeracións presentes e futuras poidan gozar da súa paisaxe e biodiversidade. Desenvolveranse labores de plantación e reforestación, limpeza das beiras do río Eume, construcción dun hotel para abellas, colocación de caixas niño e comedeiros, inventario de especies, etc.
150006 Dunas de Corrubedo  Ribeira  A Coruña 06/08/2023 17/08/2023 18-30 15 GALICIA  Neste campo medioambiental, as actuacións teñen por obxecto asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos valores ambientais e do patrimonio natural do Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán e incidir en pautas de comportamento da vida cotiá para participar activamente na conservación e mellora do medio.
150007 O batán de Mezonzo  Vilasantar  A Coruña 17/08/2023 28/08/2023 18-30 15 GALICIA Campo medioambiental e de restauración no cal se traballará na recuperación, limpeza e acondicionamento do sendeiro que leva ao Batán de Mezonzo, máis na restauracion de elementos de madeira propios deste vello artefacto. Levaranse a cabo distintas tarefas de acondicionamento, sinalización e visibilización de rutas, deseño e posta en marcha dun roteiro teatralizado aberto ao público, etc.
150008 Castro de Lupario Rois A Coruña 06/08/2023 17/08/2023 18-30 15 GALICIA Campo de temática arqueolóxica para a posta en valor do castro de Lupario (tarefas de escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico, sempre baixo a presenza dun arqueólogo). Segundo vaian aparecendo restos arqueolóxicos daranse charlas nas que se lles explicará ás persoas voluntarias o proceso do seu tratamento.  Ao final da escavación o rexistro implicará o levantamento topográfico da zona escavada.
150009 Castro de Montes Claros   A Laracha A Coruña 26/07/2023 06/08/2023 18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado medioambiental e arqueolóxico no que as persoas participantes farán labores de mantemento e conservación de bens arqueolóxicos, tarefas que se complementan con accións formativas e divulgativas sobre a conservación do patrimonio cultural. Farase identificación de estruturas do poboado fortificado; aprender a mirar e identificar as paisaxes prehistóricas; labores de impeza de maleza e broza e recollida de lixo nas áreas escavadas; acondicionamento dos accesos, etc.
150010 Visualizando Camiños Boqueixón A Coruña 15/07/2023 26/07/2023 18-30 15 GALICIA Neste campo de voluntariado medioambiental e de dinamización farase unha recollida de información arredor do Camiño de Santiago por boca das persoas maiores dos Concellos de Boqueixón e de Vedra. Tamén se fará unha campaña dinamizadora e promulgadora dos camiños de Santiago da Vía da Prata: o Miñoto Ribeiro e o Camiño de Inverno, mediante a creación de contidos audiovisuais.
 150011  Amicos Boiro A Coruña 04/07/2023
15/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental e social para  fomentar entre a mocidade os valores da solidariedade e o compromiso coa comunidade, especialmente, coas persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade ou desprotección. Xerarase un grupo de traballo diverso no que a mocidade aprenda o valor da diversidade e comparta unha mesma misión: conservar o patrimonio natural e cultural galego dende unha perspectiva solidaria e inclusiva. 
150012 Monte da Espenuca Coirós A Coruña 17/08/2023
28/08/2023
18-30 15 GALICIA  Un campo de voluntariado medioambiental co que se pretende recuperar un bosque autóctono e manter e mellorar os ecosistemas asociados, así como mellorar o entorno dun lugar de interese ambiental, cultural e patrimonial, traballando na eliminación especies exóticas invasoras. Desenvolveranse tarefas de limpeza de maleza, corta de especies alóctonas e protección das autóctonas, etc.
150013 A Braña da Serra Santa Comba A Coruña 28/08/2023
08/09/2023
18-30 15 GALICIA A actividade deste campo medioambiental xirará en torno á posta en valor e acondicionamento da Ruta Patrimonial pola Braña da Serra, de recente creación.

 

LUGO:

 

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

270001 Friulio Friol Lugo 06/08/2023
17/08/2023
18-30 15 GALICIA  Campo etnográfico e medioambiental para a mellora do castro de Friulio, colaborando na restauración e consolidación de diversas estructuras (tellados vexetais das pallozas, fornos, etc) e na sinalización dos accesos a través do paseo fluvial. Ademais participarase na organización e execución da II Malla no Castro Friulio, no que se trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais. Crearase unha peza audiovisual sobre a malla de Castronela.
270002 Da auga e da pedra Guitiriz Lugo 01/08/2023
12/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado cultural e festival no que se apoiará á organización e loxística da Feira e festival de Pardiñas, con labores como o acondicionamento dos lugares de celebración, montaxe de estruturas, participación activa nas actividades programadas, sensibilización ambiental dos participantes nos eventos, recollida de refugallos; traballos de mantemento do Lavadoiro de Forxá; mantemento da ruta de sendeirismo PRG-99 "A ruta da auga", etc. 
270003 Xuventude e Camiño, Palas Palas de Rei Lugo 06/08/2023
17/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática cultural e dinamizadora onde as persoas voluntarias do Camiño, no seu percorrido diario en bici, darán información sobre o Camiño, etapas, etc, apoio e ánimo ademais doutras actuacións de dinamización. Acometeranse tamén accións de acondicionamento de sendeiros no contorno do Camiño e na área do albergue de peregrinos dos Chacotes, faranse actuacións dinamizadoras.
270004 Castro da Torre O Courel Lugo 15/07/2023 26/07/2023 18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado patrimonial no que se actuará nun espazo arqueolóxico para poñer en valor o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel e para promover iniciativas futuras no seu entorno. A liña principal do campo de voluntariado é a posta en valor do Castro da Torre. Os traballos irán dirixidos á limpeza da vexetación invasora do castro, sen tocar estruturas de ningún tipo; desbroce e limpeza, creación de catálogos e medidas e propostas para o concello a través de tres ODS e aprendizaxe sobre a Axenda 2030, etc.
 270005 Pena Furada Quiroga Lugo 28/08/2023 08/09/2023 18-30 15 GALICIA O obxectivo deste campo de voluntariado é a recuperación dun ben patrimonial, como é a Pena Furada, un túnel escavado polos romanos para conducir auga a varias minas de ouro, moi presentes na zona. Desbroce e limpeza por medio de ferramentas adecuadas para crear unha ruta de acceso a Pena Furada, limpeza e sinalización do entorno, etc.
 270006 Castro e romeria de San Lourenzo A Pobra do Brollón Lugo 01/08/2023 12/08/2023 18-30 15 GALICIA   Neste campo de voluntariado as persoas participantes involúcranse cunha pequena comunidade rural para axudar na posta en valor do seu castro, así como na organización da Romaría de San Lourenzo que se realiza no propio xacemento.
 270007 Castro da Guítara Pantón Lugo 26/07/2023 06/08/2023 18-30 15 GALICIA Campo patrimonial bo que a principar intervencion será a dinamización as diferentes rutas e a creación de contidos en formato video sobre o Castro de Guítara.
 270008 Castro de Viladonga Castrro de Rei Lugo 08/09/2023 19/09/2023 18-30 30 GALICIA Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

 

OURENSE:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

320001 Parque natural do Xurés Muiños Ourense 17/08/2023
28/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo medioambiental no que tomando as árbores como lenzos e a paisaxe como elemento invitado, preténdese converter o parque Outeiro de Cela nun entorno referente e atractivo, cheo de cores e obras de arte para os visitantes que se acheguen. Se construirán hoteis para insectos con pallets vellos e materiais naturais, refuxios e comedeiros para aves, limpeza dunha ruta, etc.
320002 Destino Vilariño  Vilariño de Conso Ourense 28/08/2023
08/09/2023
18-30 15 GALICIA Este campo medioambiental e social vai encamiñado á conservación do medio e á difusión e posta en valor dos recursos etnográficos e patrimoniais. Ademais, as persoas participantes poderán coñecer as tradicións da man das veciñas que levan transmitíndoas de maneira oral durante xeracións.
320003 Saberes de onte e de sempre Bande Ourense 17/08/2023
28/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo etnográfico e cultural que ten como obxectivo principal que as persoas voluntarias, a través dun contacto directo coa poboación local, recuperen historias, tradicións, oficios, saberes, contos e lendas e o folclore propios da comarca da Baixa Limia.
 320004 Esgos Esgos Ourense 17/08/2023
28/08/2023
18-30 15 GALICIA É un campo de voluntariado etnográfico que ten como finalidade recuperar a memoria etnográfica e patrimonial dos lugares do Concello de Esgos, con recollida de fotografías sobre o pasado de Esgos; labores de catalogación de lavadoiros, fontes, petos de ánimas, cruceiros... creando un catálogo dixital, unha exposición virtual mediante a plataforma Mozilla Hubs e un mural etnográfico sobre a historia de Esgos.
320005 Castelo de Monterrei Monterrei Ourense 15/07/2023
26/07/2023
18-30 15 GALICIA  Campo  de voluntariado arqueolóxico e medioambiental que intervirá na Fortaleza de Monterrei  e nas areas fluviais. As persoas voluntarias formarán parte dun equipo de profesionais da arqueoloxía que levan tempo na procura dos restos máis antigos da fortaleza. Baixo as súas indicacións, e sempre co máximo respecto considerando a antigüidade dos restos a desterrar, as persoas participantes coñecerán de primeira man a atractiva metodoloxía arqueolóxica (escavación, debuxo, rexistro, 3D...) e tamén outras técnicas auxiliares empregadas para recuperar toda a información posible de tan importante monumento.
 320006 Loñoá  O Pereiro de Aguiar Ourense 28/07/2023
08/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática cultural e festival na aldea de Loñoá, famosa pola súa olería. As labores centraranse na recuperación da festa etnográfica de Loñoá co fin de amosar os vellos oficios para poñelos en valor e impedir a súa perda.  Tamén se tratará de amosar a forma tradicional de extracción do barro para a elaboración da olería.
320007 Do audiovisual galego Celanova Ourense 04/07/2023
15/07/2023
18-30 15 GALICIA  Campo de temática audiovisual e social para tódalas persoas que queiran vivir “un verán de cine,” formando parte dun equipo artístico e creativo que abordará aspectos da produción, rodaxe, postprodución, montaxe e proxección dunha película.
 320008 Larouco  Larouco Ourense 04/07/2023
15/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo medioambiental e arqueolóxico no que se traballará na contorna do xacemento do Castrillón,  con sondaxes arqueolóxicas, fabricación e colocación de caixas-niño, limpeza manual da zona do xacemento, estudo de flora e fauna da contorna, etc. 
320009  Recuperando o tempo esquecido A Veiga  Ourense 28/08/2023
08/09/2023
18-30 15 GALICIA Campo medioambiental, no que con base no enorme potencial cultural e ambiental co que conta o concello da Veiga desenvolverase o proxecto “Recuperando o tempo esquecido” que ten como obxectivo a recuperación do patrimonio etnográfico relacionado cos oficios antigos e a rexeneración de determinados espazos degradados pero de gran valor cultural e paisaxístico como sendeiros, zonas verdes, alvarizas etc. e a recuperación do castro da localidade de Castromao.
320010  Teatro do Bibei Viana do Bolo Ourense 04/07/2023
15/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado de temática teatral para  poñer en valor a historia do concello e iniciar unha actividade que axude á dinamización do turismo a través da dramatización da súa historia. Creación dunha performance en vivo e de rúa polos lugares emblemáticos; elaboración de guións, escenografía, decorados, vestiario por parte do voluntariado, etc.
320011 Sapere Aude Allariz - Vilar de Santos Ourense 06/08/2023
17/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado arqueolóxico e medioambiental no que o traballo principal  realizarase nos conxuntos do Castro de Saa e Castelo de San Salvador, conxugando actividades de tipo arqueolóxico con actividades de conservación ambiental en ambas zonas.

 

PONTEVEDRA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

 360001 Illa de San Simón Redondela Pontevedra 01/08/2022
12/08/2022
18-30 15 GALICIA Campo principalmente teatral mediante a realización por parte das persoas voluntarias de visitas interpretativas e teatralizadas polas illas de San Simón e Santo Antón, amosando dun xeito lúdico e educativo o seu pasado e presente, así como a súa biodiversidade e conxuntos artísticos. A intervención medioambiental consistirá na limpeza das marxes mariñas do arquipélago.
360002  Tradición en verde Lalin Pontevedra 01/08/2023
12/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na campaña de excavación da Mámoa A Pena do Santo e acondicionamento do Castro de Doade ; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e a súa contorna, coa elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños.
360003 Aldea Alfacuca Mos Pontevedra 26/07/2023
06/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo medioambiental para traballar na mellora e posta en valor da aldea Alfacuca , participar nunha campaña para a retirada de especies exóxenas invasoras, fomentando a plantación de árbores autóctonas así como crear unha aula de natureza da propia aldea.
 360004 O Camiño Portugues pola costa Oia Pontevedra 28/08/2023
08/09/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado social e etnográfico para dar a coñecer e promocionar o patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural arredor do Camiño de Santiago Portugués pola Costa e que as persoas voluntarias colaboren na súa divulgación e posta en valor, implicándoas no seu coidado e mantemento.
360005 Shinrin Yoku   Soutomaior Pontevedra 15/07/2023
26/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado medioambiental e social, para crear o primeiro espazo “Shirin_yoku” de Galicia. “Shinrin-Yoku” é un concepto xaponés que traducido literalmente significa “baño de bosque” Trátase de tomar o tempo para notar o que vemos, respirar profundamente, sentir o contacto co aire, as texturas das follas, escoitar o vento entre as árbores, oír os paxaros, desenvolvendo varias actividades nesta liña.
 360006 Salvemos o mar Vilanova de Arousa Pontevedra 04/07/2023
15/07/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova.
360007 A terra que habita no mar O Grove Pontevedra 15/09/2023
26/09/2023
18-30 15 GALICIA Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc
360008 Rural influencers Cerdedo-Cotobade Pontevedra 26/07/2023
06/08/2023
18-30 15 GALICIA Este campo de voluntariado propón o reto de poñer en valor a riqueza cultural e patrimonial dos nosos maiores (Rural Influencers) reforzando as relacións e dinámicas que xorden coa mocidade participante. Realizaranse tarefas de dinamización cultural e artística desenvolvendo intervencións de animación (obradoiros, performances, ...) ademais dunha pintura mural de creación comunitaria.
360009  Ruta de Palacios  O Porriño Pontevedra 26/07/2023
06/08/2023
18-30 15 GALICIA Campo de voluntariado audiovisual e patrimonial para dar a coñecer a obra do arquitecto Antonio Palacios (O Porriño, 1874 – Madrid, 1945), un dos arquitectos máis recoñecidos do século XX mediante a elaboración de materiais audiovisuais que den sustento a esa finalidade.
360010 Illas Cíes I Vigo Pontevedra 01/07/2022
12/07/2022
18-30 20 GALICIA Este icónico campo de voluntariado medioambiental que se desenvolve no paraíso das Illas Cíes permitirá colaborar en labores de mantemento da illa, vixiancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente. Está previsto colaborar na limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros), aínda que esta actividade depende do Parque Natural e non se poderá realizar en todas as quendas.
360011 Illas Cíes II Vigo Pontevedra 15/07/2023
26/07/2023
18-30 20 (*) GALICIA  
360012 Illas Cíes III Vigo Pontevedra 01/08/2023
12/08/2023
18-30 20 GALICIA  
360013 Illas Cíes IV Vigo Pontevedra 17/08/2023
28/08/2023
18-30 20 GALICIA  
360014 Illas Cíes V Vigo Pontevedra 01/09/2023
12/09/2023
18-30 20 GALICIA  

(*) 2 prazas reservadas para persoas con discapacidade 

boton Solicita